Alpidia García Moral, coñecida como Maruxa, nada en Sobrado en 1905 e finada en Vilasinde (A Veiga de Valcarce) o 17 de marzo de 1949, foi unha guerrilleira antifranquista do Bierzo.

Traxectoria Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu home foi paseado en outubro. Comezou a colaborar coa guerrilla, convertendo a súa casa nun importante punto de apoio. En 1943, durante unha inspección rutineira da Garda Civil, foron sorprendidos na súa casa un grupo de guerrilleiros. Os guerrilleiros lograron fuxir e Alpidia marchou con eles. Integrouse no grupo de Silverio Yebra Granja con Abelardo Macías Fernández, Oliveros Fernández Armada, Victorino Nieto Rodríguez e Hilario Álvarez Méndez, e foi compañeira de Victorino Nieto. Permaneceu coa guerrilla ata que o 17 de marzo de 1949 o grupo foi cercado. Abelardo Macías e Hilario Álvarez foron abatidos. Alpidia foi detida con vida e asasinada de inmediato por un sarxento da Garda Civil en presenza de varios veciños de Vilasinde. Oliveros Fernández e Victorino Nieto lograron fuxir.

Vida persoal Foi nai de Ángela Losada García.Ángela Losada, presa por ser hija de una guerrillera antifranquista asesinada Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Sobrado Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1947