Olhão (oficialmente, Olhão da Restauração), é un municipio e cidade portuguesa da rexión do Algarve (e do seu único distrito de Faro).

Xeografía O concello de Olhão foi fundado en 1808.

Limita ao norte e ao leste co municipio de Tavira, ao oeste co de Faro, ao noroeste co de São Brás de Alportel, e ao sueste co océano Atlántico.

O municipio, que comprende unha parte continental e a illa de Armona, na ría Formosa, ocupa unha extensión de 126,82 km².

Segundo o censo de 2001 contaba cunha poboación de 40 808 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 322 hab./km².

Historia: a vila de Olhão da Restauração Despois da revolta dos olhanenses contra os franceses (entre o 16 e o 19 de xuño de 1808), algúns pescadores do lugar de Olhão oferecérose para ir ao Brasil a dar ao futuro Xoán IV de Portugal a noticia da restauración do Reino do Algarve. O Bom Sucesso, como se chamaba a embarcación, chegou ao seu destino o día 22 de setembro de 1808, asombrando ao propio príncipe rexente, que recompensou aos olhanenses con diversos cargos e os condecorou. O 15 de novembro, o mesmo monarca concedia ao lugar de Olhão o nobre título de Vila do Olhão da Restauração (sic), igualándoa ás "vilas máis notábeis do Reino". Deste modo, a pequena aldea, que non tería máis de 5 000 habitantes, conseguiu separarse de Faro e transformarse en concello.A revolta da vila de Olhão da Restauração, Chegaram os Franceses! (Extrato de Documentário), por Júlia Fernandes, RTP, 2007.

Freguesías miniatura|200px|Freguesías do municipio de Olhão O municipio está subdividido en catro freguesías:Lei nº 11-A/2013, de 28 de janeiro: Reorganização administrativa do território das freguesias. Anexo I. Diário da República, 1ª Série, nº 19, Suplemento, de 28/01/2013. Moncarapacho e Fuseta Olhão Pechão Quelfes + Freguesías do municipio de Olhão Freguesía Residentes (2011) Residentes (2021) Moncarapacho e Fuseta 9 635 9 275 Olhão 14 914 14 208 Pechão 3 601 3 886 Quelfes 17 246 17 270 Total 45 396 44 639

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Francisco Xavier de Ataíde Oliveira (1906): Monografia do Concelho de Olhão da Restauração. (Hai 2 reedicións). Alberto Iria: "O Compromisso Marítimo da vila de Olhão da Restauração (Subsídios para a história das corporações de mareantes e pescadores do Algarve)", en Mensário das Casas do Povo, nº 120. António Rosa Mendes (2008): Olhão fez-se a si próprio. Olhão: Gente Singular Editora.

Ligazóns externas Páxina web oficial do concello de Olhão .

Categoría:Cidades de Portugal