dereita|miniatura|Campo de Coia de Vigo, escenario da final. A Final da Copa do Rei 1922 foi a 22ª final da Copa do Rei de fútbol. Disputouse no Campo de Coia, en Vigo, o 14 de maio de 1922. O Barcelona derrotou ao Real Unión por 5-1, gañando o seu quinto título. Finalistas A de 1922 foi a sexta final de Copa do Rei que disputou o FC Barcelona, que gañara catro das cinco que disputara anteriormente, a última delas a de 1920 contra o Athletic de Bilbao no Molinón. O Real Unión, pola súa banda, xogara dúas finais antes desta, en 1913 e 1918, proclamándose campión nas dúas ocasións. O club catalán e o vasco enfrontáranse anteriormente nas semifinais da edición de 1920, saíndo vencedor o Barcelona, despois de gañar pola mínima en Amute cun gol de Paulino Alcántara e empatar 4-4 en L'Escopidora.
Camiño á final
O FC Barcelona chegou á final despois de eliminar ao Sevilla nos cuartos de final e ao Sporting de Gijón nas semifinais, nos dous casos despois de obter resultados discretos na ida a domicilio e golear no partido de volta como local (7-1 ao Sevilla e 7-2 ao Sporting).
Pola súa parte, o Real Unión eliminou facilmente ao Fortuna de Vigo nos cuartos de final, cun resultado global de 9-0 e precisou dun partido de desempate nas semifinais contra o Real Madrid, despois de perder 2-1 no estadio de O'Donnell madrileño e gañar 4-1 en Hondarribia. No encontro de desempate, disputado en Atotxa, o Real Unión desfíxose facilmente do equipo madrileño, cunha goleada por 4-0, con tantos de Patricio, René Petit e Azurza, meténdose así na súa terceira final.
Final
Resumo do partido A final disputouse nun ateigado campo de Coia, en Vigo. Na primeira parte o Real Unión dominou o xogo e a posesión, pero isto non se traduciu en ocasións claras de gol. O equipo azulgrana estivo moito máis acertado de cara á portería, e marcou o primeiro gol da tarde no minuto 22, tras un disparo de Ramón Torralba que sorprendeu a Domingo Muguruza. Isto serviu de estímulo para o conxunto irundarra que se lanzou insistentemente sobre a portería defendida por Ricardo Zamora. E así, nun córner lanzado polos branquinegros, produciuse un tumulto que acabou co balón dentro da portería. Despois duns minutos nos que parece que os "unionistas" podían darlle a volta ao resultado, un remate de cabeza de Josep Samitier puxo o 2-1. Á beira do descanso, Paulino Alcántara marcou o 3-1 que parecía deixar o partido case sentenciado. Con todo, a segunda parte foi de dominio case total do Real Unión, pero non puido marcar ningún gol, ante a boa actuación dos defensas barcelonistas e do gardameta Zamora. A falta de seis minutos para o final do partido, produciuse unha lea entre xogadores dos dous equipos, despois de que Surroca derrubase a Patricio na área e o árbitro non sinalase nada. O público de Coia invadiu o terreo de xogo e levou sobre os ombreiros a Patricio. O partido quedou suspendido durante un cuarto de hora, ata que os irundarras decidiron volver ao campo. Con todo, saíron desconcertados e o Barcelona aproveitou para marcar dous goles nos minutos finais, por medio de Gràcia e Alcántara, deixando o marcador final en 5-1.
Ficha do partido
POR ZamoraDEF PlanasDEF SurrocaMED TorralbaMED SanchoMED SamitierDIA PieraDIA MartínezDIA GràciaDIA AlcántaraDIA Sagi-BarbaAdestrador: Jack Greenwell
POR MuguruzaDEF BergesDEF EmeryMED GamborenaMED René PetitMED EguiazábalDIA EchevesteDIA ZabalaDIA PatricioDIA AzurzaDIA AcostaAdestrador: Walter Harris
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Datos da final en BDFutbol .
1922 Categoría:Fútbol en 1922 Categoría:Partidos do FC Barcelona Categoría:Partidos do Real Unión Club Categoría:Deporte en Vigo