Maria Àngels Anglada, nada en Vic no 1930 e finada en Figueres no 1999, foi unha poeta, novelista, crítica literaria e ensaísta catalana.

Traxectoria Pasou gran parte da súa vida repartida entre Vic (1930-1954) e Figueres (1961-1999). Está considerada unha das principais figuras de literatura catalana no século XX. Licenciouse en Filoloxía Clásica. A súa formación, xunto coas viaxes feitas a Grecia no 1973 e no 1996 dotaron a súa obra, especialmente na poesía, dun forte compoñente helenístico e clásico. Así son frecuentes as referencias a personaxes ou historias de mitoloxía grega. Que serven coma fíos conductores para a expresión modernizadora de sentimentos ou emocións íntimas ou ben para a denuncia de agresións, ora contra países ou colectivos vulnerables, ora contra o medio ambiente. Citar que Maria Ángels Anglada, formou parte dos colectivos que loitaron a prol da proteción dos Aiguamolls de l'Empordà.

Tamén foi unha tradutora saliéntabel, especialmente dos poetas Salvatore Quasimodo, Giorgos Seferis ou Pandelís Prevelakis.

Obra Poesía Díptic (1972) Kyparíssia (1980) Carmina cum fragmentis (1990) Arieta (1996) Arieta II (póstumo, 2009) Novelas Les Closes (1979) Sandàlies d'escuma (1985) O violín de Auschwitz (El violí d'Auschwitz) (1994).Traducido ó galego no 1996 da man de Xavier Rodríguez Baixeras e Xerais na Colección Fóra de Xogo. El quadern d'Aram (1997)

Ensaio Paisatge amb poetes (1988) Paradís amb poetes (1993) Notas

Véxase tamén Bibliografía Poesía completa. Maria Ángels Anglada. Edicions Vitela, 2009. ISBN 978-84-936250-9-2

Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Poetas en lingua catalá Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Poetas de Cataluña Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Profesores da lingua catalá