miniatura|Mapa da área sanitaria de Vigo. A área sanitaria de Vigo é unha das sete áreas sanitarias en que se divide o sistema público de saúde galego.

Abrangue os seguintes concellos da provincia de Pontevedra: Arbo, Baiona, Cangas de Morrazo, A Caniza, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Moaña, Mondariz, Mondariz Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui e Vigo.

Os hospitais da área están integrados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, que ofrece atención sanitaria a unha poboación de 446.374 cidadáns con tarxeta sanitaria. O resto de cidadáns da área, aproximadamente uns 135.000 no 2019, teñen a súa tarxeta sanitaria adscrita ao hospital privado Povisa, co que o SERGAS ten concerto.

Notas

Categoría:SERGAS Categoría:Provincia de Pontevedra