A muiñeira corrida, é un baile agarrado galego que naceu como mestura da muiñeira co importado pasodobre.Martínez Sanmartin (1998). p.129

Características Bailase por un número indefinido de parellas colocadas en roda e agarradas. Ten dúas partes: unha primeira na que se baila un pasodobre avanzando en círculo no sentido contrario as agullas do reloxo; e unha segunda, a ritmo de muiñeira, na que as parellas fan un galope característico no mesmo sentido do baile ou cara a dentro e fóra da roda.

Era un baile moi popular nas foliadas da comarca de Bergantiños, onde a festa adoitaba rematar cunha muiñeira corrida na que era obrigado cambiar de parella a un sinal dado polas cantadoras. Atendendo a este aviso os bailadores tiñan que cumprir axiña para poder escoller a súa nova parella.

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Muiñeira

Ligazóns externas

Muiñeira corrida ("María de Vighán" e Evangelina Trigo) - Sección de Literatura de Tradición Oral (2011) - AELG.

Muiñeira Corrida de Bergantiños - Tequexetéldere (2016) - Youtube.

Categoría:Muiñeira Categoría:Baile tradicional galego