miniatura|Mapa coas sete áreas sanitarias e os catorce distritos sanitarios de Galicia As áreas sanitarias de Galicia son as demarcacións territoriais coas que se organiza o sistema público de saúde galego. Cada área sanitaria está integrada polos centros de saúde e hospitais do SERGAS presentes nos concellos do seu ámbito territorial, e xestiona de xeito unitario os seus recursos e as súas prestacións sanitarias.

As áreas sanitarias de Galicia son sete:

Área sanitaria da Coruña e Cee, Área sanitaria de Ferrol, Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Área sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza, Área sanitaria de Vigo.

Á súa vez, cada área sanitaria divídese en distritos sanitarios, os cales teñen unha función coordinadora da atención primaria, hospitalaria e socio-sanitaria ofrecida nos centros asistenciais da súa demarcación. En Galicia hai catorce distritos sanitarios, tendo cada un deles como referencia o hospital existente no seu territorio:

Distrito sanitario da Barbanza, Distrito sanitario do Barco de Valdeorras, Distrito sanitario de Cee, Distrito sanitario da Coruña, Distrito sanitario de Ferrol, Distrito sanitario de Lugo, Distrito sanitario da Mariña, Distrito sanitario de Monforte de Lemos, Distrito sanitario de Ourense, Distrito sanitario de Pontevedra, Distrito sanitario do Salnés, Distrito sanitario de Santiago de Compostela, Distrito sanitario de Verín, Distrito sanitario de Vigo.

Notas

Categoría:SERGAS