Shenzhou 5 foi o nome da primeira misión tripulada chinesa, para a que se usou unha nave Shenzhou. Foi lanzada o 15 de outubro de 2003 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.

Características A misión de Shenzhou 5 foi probar a cápsula Shenzhou tripulada por primeira vez cun só astronauta a bordo, Iang Liwei. Anteriormente a nave fora probada en catro voos sen tripulación.

A nave engalou ás 1:00 GMT. Liwei pasou as algo máis de 21 horas (14 órbitas) de misión na cápsula de reentrada, sen entrar no módulo orbital. Tras varios períodos de descanso e de varias manobras orbitais a cápsula de reentrada separouse do resto da nave, devolvendo san e salvo a Liwei a terra, onde foi recollido polo equipo de rescate.

Véxase tamén

Outros artigos CZ-2F Shenzhou 1 Shenzhou 2 Shenzhou 3 Shenzhou 4 Shenzhou 6 Shenzhou 7 Shenzhou 8 Shenzhou 9 Shenzhou 10 Shenzhou 11 Shenzhou 12 Shenzhou 13 Shenzhou 14 Shenzhou 15 Shenzhou 16

Notas

Categoría:Programa Shenzhou