Pokémon Ranger: Guardian Signs (en ; Pokemon Renjā Hikari no Kiseki) é un videoxogo de rol e acción desenvolvido por Creatures Inc., publicado por The Pokémon Company e distribuído por Nintendo para a consola Nintendo DS. É a secuela de Pokémon Ranger e Pokémon Ranger: Shadows of Almia e é o terceiro título da serie. Estreouse no Xapón o 6 de marzo de 2010, en América do Norte o 4 de outubro de 2010 e en Europa o 5 de novembro de 2010. Tamén se estreou para a consola Wii U Virtual europea o 9 de xuño de 2016. O modo de xogo baséase en capturar Pokémon co Capture Styler debuxando círculos arredor deles. O xogo recibiu valoracións dispares, cunha puntuación en Metacritic e GameRankings de 69%.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Videoxogos de 2010 Categoría:Videoxogos de Pokémon Categoría:Videoxogos de Nintendo DS Categoría:Videoxogos de rol de acción Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Xapón