Na mitoloxía grega, Periclímeno foi o maior dos fillos de Neleo (fillo de Poseidón) e Cloris, filla de Anfión. Neleo foi expulsado polo seu irmán Pelias e marchou a Mesenia, onde fundou a cidade de Pilos.
Neleo e Cloris tiveron unha filla, Pero, e doce fillos: Tauro, Asterio, Pilaón, Deímaco, Euribio, Epilao, Frasio, Eurímenes, Evágoras, Alástor, Néstor e Periclímeno.
Periclímeno destacaba pola súa gran forza "Ilimitada", segundo Graves, px. 591. e era o máis valoroso dos fillos de Neleo Pseudo-Apolodoro II, 7, 3.. Poseidón concedeulle ademais a capacidade de cambiar de forma no animal que quixer e, cando Heracles atacou e conquistou Pilos, enfrontouse con Periclímeno. Este transformouse primeiro en león, logo en serpe e tamén en abella (ou mosca ou formiga, segundo outras fontes), para tomar finalmente a forma dunha aguia que intentou picarlle nos ollos. Pero todo iso non evitou que Heracles terminara matándoo coas súas frechas Hixino contradí a versión dos outros mitógrafos e di que "Evitou a morte ó transformarse en aguia grazas a un don do seu avó Neptuno" (Fábulas 10, 2). Outras fontes din que Atenea o advertiu da metamorfose en abella e que Heracles o matou neste estado., para logo matar tamén ó resto dos seus irmáns, coa única excepción de Néstor, que se criaba fóra de Pilos "Por ser aínda novo criábase entre os xerenios" (Pseudo-Apolodoro II, 7, 2). Segundo Hixino, Apolo concedeulle vivir os anos arrebatados ós seus irmáns e viviu durante tres xeracións (Hixino: Fábulas 10, 3). Outras tradicións din que morreu canda os outros irmáns (Grimal, s.v. Neleo)..
Periclímeno formou parte da expedición dos argonautas Pseudo-Apolodoro I, 9, 16; Hixino 14, 14; Graves, px. 629..
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Homes na mitoloxía grega