Pokémon Super Mystery Dungeon (en ; Pokémon Chō Fushigi no Danjon) é un videoxogo de rol xaponés da serie Pokémon Mystery Dungeon desenvolvido por Spike Chunsoft, publicado por The Pokémon Company e distribuído por Nintendo para a consola Nintendo 3DS. Ó igual que os seus predecesores, os xogadores controlan un humano que esperta convertido en Pokémon nun mundo completamente habitado por Pokémon, e debe viaxar a través de alxubes completando misións e derrotando inimigos. O xogo foi lanzado no Xapón o 17 de setembro de 2015, en América do Norte o 20 de novembro de 2015, en Europa o 19 de febreiro de 2016 e en Australia o 20 de febreiro de 2016.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pokémon Mystery Dungeon

Ligazóns externas Páxina oficial de Pokémon Mystery Dungeon

Categoría:Videoxogos de 2015 Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos de Pokémon Categoría:Videoxogos de Nintendo 3DS Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Xapón