O piano eléctrico (E-Piano ou EP, sigla utilizada nos teclados modernos) é unha modalidade de piano que, como di o nome, é eléctrico. Acadou gran popularidade durante as décadas de 1960 e 1970. Por seren máis lixeiros e portátiles, empregáronse tanto na substitución do piano común como na utilización do piano en escolas por poderen ser empregados con altofalantes.
Historia
Os primeiros pianos eléctricos foron producidos na década de 1920. O Neo-Bechstein electric grand piano, de 1929, foi o primeiro que se deseñou. O piano eléctrico Vierlang-Forster foi presentado en 1937. O piano eléctrico de RCA Storytone foi construído en 1939 coa participación de Story & Clark e RCA. Foi deseñado polo deseñador industrial estadounidense John Vassos e foi presentado por primeira vez na Feira Mundial de 1939.
Eses tipos de piano deixaron de se producir; os últimos que foron fabricados construíronse a mediados da década de 1980.
Moitos artistas pop famosos utilizaron pianos eléctricos, como é o caso The Beatles ("Get Back", por Billy Preston), Pink Floyd ("Sheep"), Billy Joel ("Just The Way You Are"), Stevie Wonder ("You Are the Sunshine Of My Life") e Radiohead ("Everything in Its Right Place" e "Morning Bell") entre outros. Nestas cancións, os artistas empregaron o piano eléctrico da marca Fender Rhodes.
Funcionamento miniatura|dereita|250px|Piano eléctrico Wurlitzer, modelo 200A Diferente do piano dixital (ou piano electrónico), cun son producido de forma dixital, o piano eléctrico ten o seu son producido de forma electroacústica. O son prodúcese mecanicamente e os seus sons transfórmanse en sinais eléctricos. Segundo o tipo de fonocaptadores utilizados, os pianos eléctricos poden ser electroestáticos (o modelo CP-70 de Yamaha, Wurlitzer) ou electromagnéticos (Neo-Bechstein electric grand piano, os pianos eléctricos de Rhodes). Ademais, conforme a maneira como o son se produce, poden ser cordas percutidas (Neo-Bechstein electric grand piano, CP-70 de Yamaha), láminas ou barras metálicas percutidas (pianos eléctricos Wurlitzer, pianos eléctricos Rhodes), ou mesmo láminas metálicas beliscadas (o modelo Pianet de Hohner). A empresa RMI tamén fabricou un modelo salientábel, o 368x Electra Piano, combinando clavicémbalo e piano eléctrico.
Técnicas e estilos Como no caso da guitarra e a guitarra eléctrica, o son do piano eléctrico difire moito do piano acústico, e o piano eléctrico emprégrano moitas veces os artistas para crear un son orixinal, auténtico, ademais de ser máis portátil.
Outros instrumentos Algúns instrumentos electroacústicos están relacionados co piano eléctrico, por se trataren tamén de instrumentos con teclas. No entanto, o obxectivo da súa creación foi o de substituír outros instrumentos: Clavicordios eléctricos: o modelo Clavinet de Hohner Clavicémbalos eléctricos: o modelo Cembalet de Hohner, o Combo Harpsichord da Baldwin
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Simons Hall of Electric Pianos
Categoría:Piano Categoría:Instrumentos musicais electrónicos