Stephen Kern Robinson, nado en Sacramento, California, o 26 de outubro de 1955, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-85, STS-95, STS-114 e STS-130.

Traxectoria Robinson graduouse en enxeñaría mecánica e enxeñaría aeronáutica pola Universidade de California en Davis en 1978 e é máster en enxeñaría mecánica pola Universidade Stanford en 1985. Ten un doutoramento en enxeñaría mecánica pola Universidade Stanford en 1990.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en decembro de 1994, participando nas misións STS-85, STS-95, STS-114 e STS-130 e pasando un total de 48,41 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-85 STS-95 STS-114 STS-130

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en California