miniatura|250px|Un RL-10B-2 usado na segunda etapa dos fogutes Delta IV. RL-10 é toda unha familia de motores foguete dos Estados Unidos.
Características A familia de motores RL-10 está composta por varios modelos fabricados por Pratt and Whitney e alimentados por osíxeno líquido e hidróxeno líquido. O primeiro modelo dun RL-10 voou en 1961. Foron orixinalmente creados para o seu uso na etapa Centaur dos foguetes Atlas. Deseñouse unha variante con impulso variable para o seu uso no módulo de aluaxe do proxecto Apollo que finalmente non foi usada. Outra versión foi usada no fogute experimental dunha soa etapa DC-X e outras versións foron creadas para o seu uso nos diferentes modelos dos foguetes Atlas e Delta.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos RL-10A-1 RL-10A-3 RL-10A-3A RL-10A-4 RL-10A-4-1 RL-10A-4-2 RL-10A-5 RL-10B-2
Categoría:RL-10