Un cuento de Navidad para Le Barroux é un conto da escritora estradense Natalia Sanmartín Fenollera, escrito a petición da abadía beneditina de Notre-Dame de l'Annonciation du Barroux (Vaucluse, Francia), para lelo no refectorio por Nadal.​​ Publicado pola Editorial Planeta en 2020, a historia ten ilustracións de Michaela Harrison.​

Argumento A obra narra a historia dun neno orfo que, despois da morte da súa nai, lle pregunta diariamente a deus se todo o que esta lle ensinara sobre el é verdade. Durante tres anos, o neno pide fronte á estatua da Virxe María baixo a abeleira do seu xardín, que deus lle envíe sinais dende o ceo.​ É un relato sobre a beleza e o misterio do Nadal.​

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Un cuento de Navidad para Le Barroux na páxina web da Editorial Planeta .

Categoría:Novelas en castelán Categoría:Obras literarias de 2020