O Club Balonmán Seis do Nadal-CoiaO nome de Seis do Nadal deriva do CEIP homónimo. (por motivos de patrocinio, Magope Seis do Nadal) é unha entidade deportiva galega con sede no barrio vigués de Coia. A súa presidenta é María Consuelo Prelchi. Historia
O club foi fundado en 1983 pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP Seis do Nadal, e comezou a formar deportistas federados entre o propio alumnado do centro. En 2006 creouse a categoría feminina do club. O equipo masculino xoga na Primeira División Nacional, e o feminino na División de Honra Prata de balonmán feminina. Conta con vinte e dous equipos en todas as categorías. Notas
Véxase tamén Outros artigos Octavio Pilotes Posada
Categoría:Equipos de balonmán de Galicia Categoría:Deporte en Vigo