David Regades Fernández, nado en Vigo en 1973, é un político galego do PSdG-PSOE.

miniatura|page=5|Papeleta das Eleccións xerais de 2023. Traxectoria É técnico especialista da rama Administrativa e Comercial na especialidade de Contabilidade e técnico en prevención de riscos laborais. Membro das XSG. Tralas eleccións municipais de 2007 foi o xefe de gabinete de Abel Caballero como alcalde de Vigo. Tralas municipais de 2011 foi elixido concelleiro e pasou a encargarse das áreas de Fomento (anteriormente Vías e Obras) e Contratación no goberno de Caballero. Seguiu á fronte de ditas áreas tralas municipais de 2015, pasando a ser tamén deputado na Deputación de Pontevedra, onde os socialistas lograron por primeira vez a presidencia e pasou a encargarse da área de Asistencia a Municipios.

Foi elixido Secretario Provincial do PSdeG na Provincia de Pontevedra tras vencer nas primarias de decembro de 2017 ao redondelán Eduardo Reguera, sendo ratificado no correspondente Congreso. Foi nomeado Delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo o 6 de xullo de 2018 polo goberno de Pedro Sánchez"Real Decreto 837/2018, de 6 de julio, por el que se nombra Delegado Especial del Estado en el Consorcio de la Zona Franca de Vigo a don David Regades Fernández" BOE de 7/7/2018 .Consorcio da Zona Franca de Vigo Organización. Comité., renunciando aos seus cargos no Concello e na Deputación. Dende a Zona Franca fixo diversas xestións para a dinamización económica non só de Vigo senón de municipios de toda a provincia de Pontevedra. Compaxinou este cargo coa Secretaría Provincial dos socialistas, á fronte da cal o partido gañou as eleccións xerais, municipais e europeas de 2019, quedando ademais a poucos votos de logra-la maioría absoluta na Deputación de Pontevedra. No Congreso de febreiro de 2022 revalidou a Secretaría Provincial do partido. En xuño de 2023 abandonou a Zona Franca para encabeza-la candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra ó Congreso dos Deputados nas Eleccións Xerais de 2023, sendo elixido deputado. En abril de 2024 volveu ser designado presidente da Zona Franca de Vigo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas David Regades Fernández na páxina web do PSdG-PSOE.

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1973 Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE