A República Independente de Donís declarárona os veciños da localidade de Donís, na serra dos Ancares no ano 1873 e desapareceu logo duns días, coa chegada da Garda Civil na procura do recadador de impostos.
Contexto Nos anos 60 do século XIX o Reino de España sofreu unha importante crise económica e política que levou á Revolución de 1868. Isto supuxo o destronamento e exilio da raíña Isabel II e o comezo do chamado Sexenio Democrático (1868-1874), durante o cal acabou proclamándose a Primeira República Española o 11 de febreiro de 1873.
Donís, pola súa banda, era unha das vilas máis historicamente reivindicativas da zona cervantega.
Historia No ano 1873, cando o alguacil de Cervantes, Francisco Trabado Ponte, en calidade de axente executivo, quixo levar a cabo a cobranza da contribución, a cal xa tiña que ter executado, os veciños negáronse por considerárena excesiva. Perante as súas ameazas, prendérono na capela e proclamaron a República Independente de Donís. Esta condición foi efémera, pois a Garda Civil puxo fin a rebelión dos veciños e liberou o recadador días despois.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos República Federal da Illa de Arousa Primeira República Galega
Categoría:Cervantes Categoría:1873 en Galicia