Manuel Arturo Pombo Arias, nado na Pena (Sarria) o 1 de maio de 1943, é un médico e escritor galego.

Traxectoria Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1968). Especialista en pediatría e en endocrinoloxía e nutrición. Ampliou estudos en centros españois e estranxeiros. Profesor visitante no Hospital de Nenos de Columbus, Ohio (Estados Unidos) e no Instituto Nacional da Saúde dos Estados Unidos, Bethesda.

Catedrático de Pediatría (1993). Foi Xefe de Servizo de Pediatría e Director da Unidade de Endocrinoloxía Pediátrica, Crecemento e Adolescencia do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Foi Director do Departamento de Pediatría da USC. Na actualidade é profesor Ad Honorem desta Universidade.

É autor dun Tratado de Endocrinoloxía Pediátrica de ampla difusión internacional. Publicou trescentos traballos científicos, a maioría nas revistas máis importantes a nivel internacional. Entre eles cabe destacar dous nos que se identifican novas entidades sindrómicas en patoloxía humana.Sindrome familiar de microcefalia con albinismo oculocutáneo y anomalías digitales. An Esp Pediat 19: 128-131, 1983HYPOCHONDROPLASIA AND ACANTHOSIS NIGRICANS: A NEW SYNDROME DUE TO THE p.Lys650Thr MUTATION IN THE FGFR3 GENE? Eur J Endocrinol 159:243-249,2008. É autor de case cen capítulos en libros de medicina. Pronunciou máis de duascentas conferencias.

Acuñou o termo "codipra", no que se engloban as principais calidades que debe reunir un bo estudante de Medicina e co que trata de fomentar o espírito crítico entre os futuros médicos que se forman na USC: coñecedor (c), observador (o), desconfiado (d), inglés (i) e práctica (pra).

Desenvolveu a súa afección pola literatura a partir do maio do 68, con implicacións no movemento estudantil da época que estiveron a piques de custarlle a carreira. Foi o responsable e presentador do mítico Concerto de Voces Ceibes celebrado na Facultade de Medicina o 26 de abril de 1968. É autor dunha variada obra literaria, que abarca libros de poesía, pensamento e relatos. Colaborou ocasionalmente na prensa.

Obras Medicina Manual de Pediatría Práctica (1985, 1986, 1992, Díaz de Santos) Two Decades of Experience in Growth (1993, Raven Press) Tratado de Endocrinología Pediátrica 1ª edición (1990, Díaz de Santos) Tratado de Endocrinología Pediátrica 2ª edición (1997, Díaz de Santos) Tratado de Endocrinología Pediátrica 3ª edición (2001, McGraw-Hill Interamericana) Tratado de Endocrinología Pediátrica 4ª edición. (e-book) (2009, McGraw-Hill Interamericana).

Literatura En castelán Haikus de los escritores muertos (2001, Antonio Lenguas) Pomberías (2003, Calima Ediciones) El centeno nace bajo el invierno (2005, Huerga y Fierro Editores) Trazos sin rumbo (2006, Huerga y Fierro Editores) Nuevas Pomberías (2008, Huerga y Fierro Editores) Cuentos Propios y Extraños (2011, Ézaro Ediciones) El hombre que no entendía a las mujeres (2016, Ézaro Ediciones)

En galego Desvendado (2020). Vigo: Editorial Galaxia. 464 páxs. ISBN 978-84-9151-576-0. Narrativa. A miña terra é un vello falar (2022). Vigo: Galaxia. 140 páxs. ISBN 978-84-9151-844-0. Poesía.

Recoñecementos Membro fundador e socio de honra da Sociedade Española de Endocrinoloxía Pediátrica, que presidiu de 1982 a 1984. Foi vicepresidente da Asociación Española de Pediatría, da que é socio de honra. Socio de Honra e Insignia de Ouro da Sociedade de Pediatría de Galicia. Foi nomeado "Galego do Ano" en 2014 polo Grupo El Correo Gallego.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en galegos.info Unidad de Endocrinología Pediátrica, Crecimiento y Adolescencia Artigos científicos de Manuel Pombo devoltos por unha busca en PubMed Páxina persoal Retazos de la pediatría gallega. Cuadernos de Historia de la Pediatría Gallega de la AEP. Número 13 - febreiro 2017

Categoría:Médicos de Sarria Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1943