O castro da Saceda, cidá da Saceda ou castro de Seceda, é un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado no lugar da Saceda, na parroquia de Lucenza (Cualedro). É un castro escasamente romanizado que foi declarado Ben de Interese Cultural da provincia de Ourense no ano 2011.

Situación O sitio arqueolóxico atópase a uns 780 metros de altitude.

Escavacións Entre 1982 e 1988 producíronse varias campañas de escavacións, dirixidas por Antonio Rodríguez Colmenero. No ano 2015, foi estudado de novo por un equipo dirixido por Martiño Xosé Vázquez Mato e certificouse que a súa antigüidade máxima era do século -V.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Castros da provincia de Ourense

Saceda Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Ourense