Percy Gardner, nado o 24 de novembro de 1846 en Londres e finado o 17 de xullo de 1937 en Oxford, foi un arqueólogo clásico e numismático inglés, profesor das universidades de Cambridge e de Oxford.Venn, J. A. (1947).
Traxectoria
Infancia e formación Gardner naceu no distrito londiniense de Hackney o 24 de novembro de 1846, terceiro fillo do corredor de bolsa Thomas Gardner e a súa muller Ann Pearse. Estudou na City of London School ata os 15 anos, cando se uniu ao seu pai nos negocios bolsísticos.
En 1865 matriculouse no Christ's College, da Universidade de Cambridge, onde se graduou en 1869 en Estudos Clásicos e Ciencias Morais."Gardner, Percy". Dictionary of Art Historians. En 1870 foi beneficiario da bolsa Whewell, da mesma universidade, en dereito internacional.Toynbee, J. M. C.; Major, H. D. A. (2004).
Carreira académica En 1871 ingresou como axudante no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, posto que ocupou ata 1887. Nese período colaborou na redacción dos primeiros catálogos das coleccións de moeda grega do museo, xunto con R. S. Poole e Barclay V. Head, e tamén se ocupou da dirección editorial da revista The Journal of Hellenic Studies (1879-1895).
En 1872 comezou a docencia no Christ's College, de Cambridge. Alí accedeu ao posto de profesor titular de Arqueoloxía en 1879, que abandonou en 1886 para se trasladar á Universidade de Oxford, como profesor titular de arqueoloxía Clásica, entre 1897 e o seu retiro en 1925. Ao longo de todo o seu período académico dedicouse moi intensamente ao estudo da arte antiga, sinaladamente a grega.Chisholm, H. (1911).
Nesta última etapa, tamén se converteu nun estudoso relevante da temática bíblica, sobre a que deixou numerosas publicacións.
Entre outras entidades de carácter académico, Gardner foi elixido membro da Academia Británica en 1903"GARDNER, Professor". British Academy Fellows. e membro honorífico estranxeiro do Archaeological Institute of America."Foreign Honorary Members, Archaeological Institute of American". American Journal of Archaeology. 7: 50-162. 1903. En 1905, Gardner foi o representante británico no Congreso Arqueolóxico de Atenas e, ata 1911, foi o presidente da Sociedade para a Promoción dos Estudos Helénicos, de Londres. En 1914 foi nomeado membro correspondente da Académie des inscriptions et belles-lettres, de París.Picard, C. (1939). Páxina 291.
Vida familiar Gardner estivo casado con Agnes Reid ata a ruptura do seu matrimonio en 1874.
A súa irmá, Alice Gardner, foi historiadora e o seu irmán, Ernest Arthur Gardner, dedicouse coma el á arqueoloxía.Sutherland, G. (2004). "Gardner, Alice (1854-1927)". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
Percy Gardner faleceu en Oxford o 17 de xullo de 1937.
Recoñecementos (1889). Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Publicacións
Sobre numismática (1876). Catalogue of Greek Coins. Sicile (con R. Stuart Poole e B. V. Head). British Museum. (1877). Catalogue of Greek Coins. The Tauric Chersonese [...] (con R. Stuart Poole e B. V. Head). British Museum. (1877). The Parthian Coinage [serie International Numismata Orientalia, parte 5]. Trübner, Londres. (1882). Samos and Samian Coins. Macmillan, Londres. (1883). Types of Greek Coins. Cambridge University Press.Oman, C. W. C. (1883). "Review of Types of Greek Coins by Percy Gardner". The Academy. 23 (577): 371–372. (1886). The Coins of the Greek and Scythic Kings of Bactria and India in the British Museum (con R. Stuart Poole). British Museum, Londres (1887). A Numismatic Commentary on Pausanias (con Friedrich Imhoof-Blumer). Clay and Sons, Londres. (1908). The Gold Coinage of Asia before Alexander the Great. British Academy, Londres. (1910). The earliest coins of Greece Proper. British Academy, Londres. (1918). A History of Ancient Coinage. 700-300 B.C. Clarendon Press, Oxford.
Sobre arte e historia antigas (1892). New Chapters in Greek History: Historical Results of Recent Excavations in Greece and Asia Minor. Murray, Londres. (1893). Catalogue of the Greek vases in the Ashmolean Museum. Clarendon Press, Oxford. (1895). Manual of Greek Antiquities (con F. B. Jevons). Scribner, Nova York. (1896). Sculptured Tombs of Hellas. Macmillan, Nova York. (1905). A Grammar of Greek Art. Macmillan, Londres. (1914). The principles of Greek Art. Macmillan, Nova York. (1920). Hellenistic sculpture. Clarendon, Press, Oxford.
Sobre relixión (1899). Exploratio Evangelica: A Brief Examination of the Basis and Origin of Christian Belief. Putman, Nova York. (1901). A Historic View of the New Testament. Black, Londres.
(1903). Oxford at the cross roads : a criticism of the course of litterae Humaniores in the University. Black, Londres. (1907). The Growth of Christianity: London Lectures. Black, Londres. (1909). Modernity and the Churches. Putman, Nova York. (1913). The Religious Experience of Saint Paul. Williams & Norgate, Londres. (1915). The Ephesian Gospel. Putman, Nova York. (1918). Evolution in Christian Doctrine. Williams and Norgate, Londres. (1918). Evolution in Christian Ethics. William and Norgate, Londres. (1923). The Practical Basis of Christian Belief. An Essay in Reconstruction. Scribner, Nova York. (1928). The Principles of Christian Art. Scribner, Nova York. (1938). The Web of the Universe. The Theosophical Publishing House, Londres.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Chisholm, H. (1911). "Gardner, Percy". En Encyclopædia Britannica. Vol. 11. Cambridge University Press. Páxina 462. Hill, G. F. (1937). "Percy Gardner, 1846-1937". En Publications of the British Academy, Vol. 23. Páxinas 459-469. Picard, C. (1939). "Éloge funèbre de Sir Percy Gardner". En Comptes-rendus de l’Académie des inscriptions et belles-lettres. Páxinas 290-293. Toynbee, J. M. C.; Major, H. D. A. (2004). "Gardner, Percy (1846-1937)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. Venn, J. A. (1947). "Percy Gardner, 1846–1937". En Alumni Cantabrigienses. A Biographical List of All Known Students, Graduates and Holders of Office at the University of Cambridge, from the Earliest Times to 1900. 2-3. Cambridge University Press, Cambridge. Páxina 13.
Categoría:Nados en 1846 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en Londres Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Arqueólogos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade de Oxford Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Membros da Academia Británica Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán Categoría:Personalidades sen imaxes