O Emajõgi (en , en ) é un río de Estonia, da conca hidrográfica do lago Peipus, da cal tamén forma parte o río Narva. Nace no lago Võrtsjärv e flúe cara ao leste polo territorio do condado de Tartu ao longo de 100 km até a súa desembocadura no citado lago Peipus. Atravesa a cidade de Tartu.
O termo Emajõgi significa "Río Nai" en idioma estoniano, aínda que tamén é coñecido como Suur Emajõgi (o "Grande Emajõgi"), en oposición ao Väike Emajõgi ("Pequeno Emajõgi"), outro río que ten o seu nacemento ao sur do lago Võrtsjärv.
O Emajõgi é o segundo río máis importante de Estonia polo seu caudal hídrico, e o único aberto á navegación. Os seus afluentes son, pola marxe dereita: o Pede, o Laeva e o Amme; pola esquerda: o Elva, o Porijõgi e o Ahja.
Notas
Categoría:Ríos de Estonia