O Crotalus atrox é unha especie de cobra velenosa que habita no suroeste dos Estados Unidos e en México. É a especie responsábel da maioría das mortes por trabada de serpe que se producen no norte de México, así como a especie que máis trabadas de serpe provoca nos Estados Unidos.Norris R. (2004) "Venom Poisoning in North American Reptiles" in Campbell JA, Lamar WW. The Venomous Reptiles of the Western Hemisphere. Comstock Publishing Associates, Ithaca and London. . Non se recoñece ningunha subespecie.

Descrición É un depredador moi especializado, pertencente á familia Viperidae, as cobras máis avanzadas en termos evolutivos. Ten unha lonxitude de máis de dous metros, o que a converte nunha das meirandes cobras de América do Norte. O seu lombo está decorado con debuxos de diamantes (do cal provén o seu nome común), e o seu corpo remata nun axóuxere formado por segmentos que se van engadindo en cada muda. Os exemplares novos no posúen axóuxere.

Posúe detectores de calor e os cairos posúen un potente veleno hemotóxico que produce edemas e unha morte celular programada por necrose.

Notas

Categoría:Crotalus Categoría:Réptiles de México Categoría:Réptiles dos Estados Unidos de América