A tempada 2020/21 foi a 42ª tempada do HC Liceo na OK Liga de xeito consecutivo e dende a súa fundación en 1972.

O equipo proclamouse subcampión de liga por 18ª vez na súa historia, e conquistou a súa 10ª Copa do Rei, despois de derrotar na final ao FC Barcelona.

Resumo da tempada

Maio En maio de 2020, tras darse por rematadas as competicións que foran paralizadas por mor da pandemia por coronavirus, o Liceo comezou a traballar na planificación da nova tempada. O 5 de maio Bruno Di Benedetto anunciou a súa marcha do club, regresando ao Lleida. Poucos días despois fíxose oficial a chegada do seu substituto, o coruñés César Carballeira, que volvía ao Liceo dous anos despois da súa marcha ao Reus.

Xullo A mediados de xullo anunciouse a renovación do adestrador Juan Copa por unha tempada máis.

Agosto O 17 de agosto o club anunciou a través de Twitter a fichaxe do dianteiro catalán Jordi Adroher, procedente do Benfica. O día 23 o club informou na súa web da ampliación de contrato a Fabri Ciocale e a súa cesión por unha tempada ao HC Braga portugués. A finais de agosto o Liceo comezou a súa pretempada cunha pequena xira por Portugal, onde se enfrontou a Barcelos, Valongo e Porto, cun balance dunha vitoria, un empate e unha derrota respectivamente.

Setembro O 4 de setembro, repetindo a fórmula usada con Ciocale, o club anunciou a renovación e cesión ao Riba d'Ave HC do tamén arxentino Facu Bridge. A finais de mes deu comezo a OK Liga, xogándose os partidos ou ben a porta pechada ou con limitacións de capacidade. O Liceo disputou o seu primeiro partido o 26 de setembro no campo do Igualada.

Decembro O 7 de decembro o equipo fixo historia, ao lograr coa súa vitoria por 5-1 fronte ao Palafrugell en Riazor, o mellor arrinque da súa historia, con 11 vitorias nos 11 primeiros partidos de liga, xeira que se aumentou na xornada seguinte ata as 12 vitorias. O día 10 o club anunciou que reforzaba o cadro de xogadores coa reincorporación de Fabri Ciocale, que marchara cedido tres meses antes a Portugal.

Febreiro O 12 de febreiro o club anunciou a renovación do contrato de Jordi Adroher ata o final da tempada 2021/22, e catro días despois fixo o mesmo con Roberto Di Benedetto.

Marzo O 5 de marzo anunciouse a renovación do capitán, Dava Torres, ata 2022.

Abril O 19 de abril o club anunciou a renovación do gardameta Carles Grau por unha tempada máis, ata 2022.

Xuño O 17 de xuño, catro días despois do remate das competicións oficiais, o club anunciou a saída dos xogadores arxentinos Franco Platero e Fabri Ciocale, que ficharon polo Oliveirense portugués e o Valdagno italiano respectivamente.

Corpo técnico CargoNomeAdestrador Juan Copa2º adestrador Antón BoedoPreparador físico Mon Fernández

Xogadores NºPosNomeOK LigaCopa do ReiLiga EuropeaSupercopaTotalDisciplinaApsGolesApsGolesApsGolesApsGolesApsGoles17x17px17x17px1POR Carles Grau2903020103505DEF/MED César Carballeira3014322110361727DIA Maxi Oruste3015302010361528DIA Dava Torres2817312111342039DIA Marc Grau30133121113615221DIA Fabri Ciocale186301010236157DEF/MED Franco Platero28143020103414468DIA Roberto di Benedetto26173121103219477DIA Jordi Adroher29333420133540488POR Martín Rodríguez1000000010Xogadores do filial4DEF/MED Daniel López310000003111DEF/MED Rubén Martín100000001018DEF/MED Pablo Parga310000003122DEF/MED Nanu Castro6000000060

Clasificación

PosEquipoPtsPXPGPEPPGFGCDG1FC Barcelona8330272120854154Clasificados para a Liga Europea2Deportivo Liceo7630251413151803CH Caldes Recam Làser6230195611586294Reus Deportiu Miró6130194715787705CE Lleida Llista Blava54301668967521Clasificados para a Copa WSE6CE Noia Freixenet453014313117106117CP Voltregà Stern Motor413012513949228CP Calafell Tot L'Any3930123158396 -139Igualada Rigat HC39301231590102-1210Garatge Plana Girona CH3830108127989 -1011CH Palafrugell3630991293111 -18Fase de permanencia12CE Vendrell2930781579106-2713CP Taradell2830771676133 -57Descenden á OK Liga Prata14CH Lloret Vila Esportiva25305101583135-5215CP Vic1530432359140-8116CH Mataró830152454151 -97 Partidos

Pretempada e amigables

OK Liga

Supercopa de España

Liga Europea

Copa do Rei

Notas

Categoría:Tempadas do H.C. Liceo Categoría:Hóckey a patíns en 2020 Categoría:Hóckey a patíns en 2021