Mickey, Donald, Goofy: The Three Musketeers é un filme estadounidense de 2004 dirixido por Donovan Cook. Baséase nos personaxes orixinais de Mickey Mouse creados por Walt Disney, sendo unha adaptación cinematográfica da novela Os tres mosqueteiros, escrita por Alexandre Dumas e publicada en 1844. Segundo suxire o título, está protagonizado por Mickey Mouse, Donald Duck e Goofy no papel de tres mosqueteiros. O filme foi producido por Walt Disney Pictures e a oficina australiana de DisneyToon Studios. Estreouse directamente en formato VHS e DVD o 17 de agosto de 2004 a través de Walt Disney Home Entertainment, e posteriormente foi estreado en Blu-ray Disc o 12 de agosto de 2014, cadrando co décimo aniversario da súa estrea.

Personaxes Wayne Allwine como Mickey Mouse Tony Anselmo como Donald Duck Bill Farmer como Goofy e Pluto Russi Taylor como Minnie Mouse Tress MacNeille como Daisy Duck Jim Cummings como Pete April Winchell como Clarabelle Cow Jeff Bennett e Maurice LaMarche como Beagle Boys Rob Paulsen como Troubadour Jess Harnell como Xeneral Frank Welker como voces adicinais Trevor Devall como pirata

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Donovan Cook Categoría:Filmes ambientados en París Categoría:Filmes ambientados en Francia Categoría:Filmes ambientados no século XVII Categoría:Filmes ambientados en Europa