San Pedro de Trones é unha localidade do municipio da Ponte de Domingos Flórez, na provincia de León. En 2019 tiña 350 habitantes.

Xentilicio O seu xentilicio é troneiro ou pedrelo.

Xeografía

Atópase próximo á estrada CL-536 (antiga N-120) e ás localidades da Ponte e Castroquilame. Situado no límite leste de Galicia, ten un clima oceánico con tendencias mediterráneas. A temperatura media é duns 13 °C (xaneiro 5 °C, agosto 22 °C). Con precipitacións máis frecuentes no inverno, o verán segue sendo moi seco. O sol loce unha media de 2100 horas por ano.

Os seus barrios son La Cruz, Acebreiro, Pandela, Penelas, Carballal, Carballeda, Outeiro, Chao de San Miguel, La Torre, El Poulo e El Soto.

Economía Posúe unha grande industria louseira. Antes deste século destacou polos teares de lenzo e no seu primeiro cuarto contaba con fábrica de electricidade, muíños de fariña, carpintarías, ferrarías, fábricas de gasosas e augardente, etc.

Historia A primeira vez que se cita esta vila é en 1182 cando pertencía ao mosteiro de Montes. Pertenceu despois ao Marquesado de Vilafranca, e a súa abadía a igrexa de San Pedro. En 1890 iniciouse a explotación das primeiras canteiras de lousa nas proximidades de San Pedro; o seu transporte facíase en carros de bois, pagándose catro pesetas polo porte de cada carro até a estación de Sobradelo; posteriormente unha barca permitiu achegar a mercadoría á estación de Quereño.

Patrimonio A ermida da Virxe da Estrela, de estilo neorrománico con forma de estrela octogonal, foi construída sobre outra do século XI. A imaxe que garda no seu interior da virxe da Estrela é unha talla de madeira que imita a outra do século XIII da catedral de Plasencia. O Museo da Lousa recolle elementos relacionados coa industria extractiva da lousa ao longo da historia. Serie de pezas etnográficas e de artes decorativas e instrumental e obxectos relativos á explotación antiga da lousa. Exponse unha colección arqueolóxica, na que destaca, a magnífica espada de Vilafranca, así como unha serie de pezas etnográficas e de artes decorativas. Instrumental e obxectos relativos á explotación antiga da lousa.

Evolución demográfica 200020012002200320042005200620072008200920102011495486466453436434421408387382378369 Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Categoría:A Ponte de Domingos Flórez