miniatura|dereita Antón Costa Rico, nado en Castellar de la Frontera (provincia de Cádiz) o 28 de setembro de 1952, é un pedagogo galego de orixe andaluza.
Traxectoria Fillo dunha familia modesta, con catro meses de idade, os seus pais trasladáronse a Galicia, á Mariña de Lugo. É nesta provincia onde comezou os seus estudos no Seminario de Mondoñedo. Posterioermente, decidiu estudar o Grao de Pedagoxía na Universidade Pontificia de Salamanca.
Doutorouse en Ciencias da Educación pola Universidade de Salamanca en 1982, cunha tese sobre a historia da escola primaria en Galicia entre 1900 e 1936. Foi un dos fundadores do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega en 1983. É membro do Seminario de Estudos Galegos, ao que representa no Consello Escolar de Galicia. Foi un dos promotores das revistas pedagóxicas As Roladas (1980) e Revista Galega de Educación (1986).
De 1985 a 2010 foi profesor na Facultade de Filosofía e CC. da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. En 2010, exerceu como Catedrático de Historia da Educación na mesma Facultade, ata a súa xubilación en 2020. Foi Director do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago e Decano da súa Facultade de Ciencias da Educación.
É presidente da Sociedad Española de Historia da Educación. Pertence, entre outras, a Asociación Amis de Freinet e tivo presenza académica en Europa (Francia, Portugal, Suíza e Italia) e Iberoamérica (Brasil, Arxentina).
Foi correspondente de Cuadernos de Pedagogía en Galicia, impulsor e membro dos Consellos de redacción de As Roladas-2, Revista Galega de Educación e Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación. Ten colaborado na Gran Enciclopedia Gallega e Enciclopedia Galega Universal. Ten colaborado en Praza.gal
En 2022 e 2023 foi comisario de dúas exposicións relacionadas coa historia da educación en Santiago de Compostela: sobre o movemento internacional da Nueva Educación e sobre a educación das mulleres. En 2023: xunto con Lucía Iglesias da Cunha, organiza a exposición 'A Escola Nova... tamén entre nós (1921-2021)' co obxectivo de pór en valor o movemento pedagóxico internacional da Nova Educación.
Estivo vinculado ao movemento estudantil democrático, ao grupo galego de Salamanca e á directiva salmantina da Junta Democrática de España. En Galicia, desde 1976, vinculouse coas correntes progresistas do nacionalismo político e cultural e pertenceu á ANPG e ao POG, e á súa transformación posterior en PSG-EG e UG.
Obra Ensaio O ensino en Galicia. Problemática e perspectivas (1980). Edicións do Cerne. Escolas e Mestres (1989). Xunta de Galicia. A educación en Galicia da Restauración á II República (1989) A Colonia escolar compostelana de 1893: primeiro centenario (1994). Consorcio de Santiago. A Reforma da educación (1906-1936): X. V. Viqueira e a historia da psicopedagoxía en Galicia (1996). Ediciós do Castro. Historia do ensino no Reino de Galiza : (anos 414-1483) (1995). Tórculo. 2ª edición: Universidade de Vigo, 2000. Sarmiento. Vida e obra (2002). Xerais. Historia da Educación e da Cultura en Galicia (Séculos IV-XX) (2004). Xerais. A construción do coñecemento pedagóxico: antecedentes e desenvolvementos no século XX (2009). Universidade de Santiago de Compostela. Johán Vicente Viqueira López. Un esclarecido e singular humanista humano (2025). Centro Ramón Piñeiro. O inspector de educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984 (2026). Vigo: Galaxia. 230 páxs. ISBN 978-84-1176-620-3.
Edicións Viaje por las escuelas de Galicia, de Luis Bello (2011). Nigra Trea.
Obras colectivas 12 anos na búsqueda da nosa identidade (1990). Asociación Cultural Xermolos. Informe sobre a situación e estado do sistema educativo en Galicia (1995). Dir. de Informe. Seminario de Mondoñedo (1565-2013). Centro de formación e promoción cultural (2015). Arredor das Irmandades da Fala (2016). Vigo: Xerais.
Obra en castelán Ensaio Ramón de la Sagra. Un protosocialista hispano ante el desarrollo educativo. Lecturas y precisiones, en Hispania. Revista Española de Historia, vol. LXVIII, núm. 228 (xaneiro-abril 2008), páx. 193-210 . D'abord les enfants: Freinet y la educación en España (1926-1975) (2010). Universidade de Santiago de Compostela. Luís Bello: Viaje por las escuelas de Galicia (2010). (ed. e estudio crítico)
Premios Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do 2004, no 2005, por Historia da educación e da cultura en Galicia (Séculos IV-XX). Premio Losada Diéguez no 2005, por Historia da Educación e da Cultura en Galicia (Séculos IV-XX). Premio de Investigación da Crítica de Galicia no 2005, por Historia da Educación e da Cultura en Galicia (Séculos IV-XX). Premio Ánxel Casal ao libro do ano no 2005, por Historia da educación e da cultura en Galicia (Séculos IV-XX). Premio Internacional 2014 do Centro Italiano per la Ricerca Storico Educativa (Italia). Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC en 2020.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Nados en Castellar de la Frontera Categoría:Nados en 1952 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela