Salas (oficialmente en castelán Salas de la Ribera) é unha localidade do municipio leonés da Ponte de Domingos Flórez, na comunidade autónoma de Castela e León. Tiña 178 habitantes en 2020.
Está situada na beira esquerda do río Sil, fronte á aldea de Sobredo, en Quereño (Rubiá), e a 3 km da vila da Ponte, capital municipal. O patrimonio relixioso de Salas inclúe a igrexa parroquial, dedicada a Santo André ApóstoloParroquias de la diócesis de Astorga ., e a ermida do Santo Cristo, no extremo oposto da da localidade.
Demografía
Evolución da poboaciónNomenclátor: Poboación do Padrón Continuo por Unidade Poboacional a 1 de xaneiro .
Historia No século XIII, tras a devolución de Ponferrada á Orde do Temple por parte do rei Afonso VIII de León e Galicia en 1211, a localidade de Salas quedou encadrada dentro da encomenda templaria ponferradina. Así, o 7 de marzo de 1222 o mestre Pedro Alvitiz subscribiu co bispo de Astorga unha carta de composición acerca dos dereitos a percibir nas behetrías do val de Salas.[https://books.google.es/books?hl=es&id=-F1mAAAAMAAJ&dq= Martínez Díez, Gonzalo (1993). Los Templarios en la Corona de Castilla. Burgos: La Olmeda. Pág. 87González y González, Julio (1944). Alfonso IX. Madrid: CSIC.Rodríguez González, Mª Carmen y Mercedes Durany Castrillo (2013). Las villas de Ponferrada, Molinaseca y Bembibre en la Edad Media, en "El historiador y la sociedad. Homenaje al Profesor Jose Mª Mínguez". Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. Pág. 219
Xa na Idade Contemporánea, así se describía o lugar no tomo XIII do Dicionario xeográfico-estatístico-histórico de España e as súas posesións de Ultramar, obra impulsada por Pascual Madoz a mediados do século :
Notas
Categoría:A Ponte de Domingos Flórez