Om ou Aum (, IAST: Oṃ, en devanágari ॐ) é un son sagrado e símbolo espiritual nas relixións da India. Significa a esencia da realidade última, a conciencia ou o Atman.James Lochtefeld (2002), "Om", The Illustrated Encyclopedia of Hinduism, Vol. 2: N-Z, Rosen Publishing. , páxina 482"Om". Merriam-Webster (2013), pronunciado: \ˈōm\ Máis amplamente, é unha sílaba que se canta independentemente ou antes dunha recitación espiritual no hinduísmo, o budismo e o xainismo.Jan Gonda (1963), The Indian Mantra, Oriens, Vol. 16, pp. 244–297Julius Lipner (2010), Hindus: Their Religious Beliefs and Practices, Routledge, , pp. 66–67 O significado e as connotacións de Om varían entre as diversas escolas de diferentes tradicións. Fai parte da iconografía que se atopou en manuscritos, templos, mosteiros e retiros espirituais hinduístas, budistas e xainistas das idades antiga e media.T. A. Gopinatha Rao (1993), Elements of Hindu Iconography, Volume 2, Motilal Banarsidass, , p. 248Sehdev Kumar (2001), A Thousand Petalled Lotus: Jain Temples of Rajasthan, , p. 5

No hinduísmo, Om é un dos máis importantes símbolos espirituais.Annette Wilke and Oliver Moebus (2011), Sound and Communication: An Aesthetic Cultural History of Sanskrit Hinduism, De Gruyter, , page 435Krishna Sivaraman (2008), Hindu Spirituality Vedas Through Vedanta, Motilal Banarsidass, , page 433 Refírese ao Atman (alma) e ao Brahman (realidade última, completitude do universo, verdade, divindade, espírito supremo, principios cósmicos, coñecemento).David Leeming (2005), The Oxford Companion to World Mythology, Oxford University Press, , page 54Hajime Nakamura, A History of Early Vedānta Philosophy, Part 2, Motilal Banarsidass, , page 318Annette Wilke e Oliver Moebus (2011), Sound and Communication: An Aesthetic Cultural History of Sanskrit Hinduism, De Gruyter, , pages 435–456 A sílaba adoita atoparse no principio e no final dos cápitulos dos Vedas, os Upanishads e outros textos hindús. É un canto sagrado espiritual feito antes e durante a recitación de textos espirituais, durante o puja e rezos privados, en cerimonias de ritos de paso (sanskara) como nas vodas, e ás veces durante actividades espirituais e de meditación como o ioga.David White (2011), Yoga in Practice, Princeton University Press, , pp. 104–111Alexander Studholme (2012), The Origins of Om Manipadme Hum: A Study of the Karandavyuha Sutra, State University of New York Press, , páxinas 1–4

A sílaba Om tamén é referida como onkara (ओङ्कार, oṅkāra), omkara (ओंकार, oṃkāra) e pranava (प्रणव, praṇava)."OM". Sanskrit English Dictionary, Universidade de Köln, Alemaña

Om en varias linguas

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Just say Om Joel Stein, Time Magazine Archives

Autonomic changes during "OM" meditation Telles et al. (1995)

Categoría:Hinduísmo Categoría:Budismo Categoría:Xainismo