Na mitoloxía grega, Temis (en grego antigo Θέμις Themis, que significa 'lei da natureza’ A lei eterna que rixe a marcha da natureza.), representa a Xustiza e a equidade; na mitoloxía romana denomínase Iustitia. Era unha das Titánides, filla de Urano (o Ceo) e Xea (a Terra).

Foi a segunda esposa de Zeus, despois de Metis, do que procreou as Horas, as Moiras (Cloto, Láquesis e Átropos), a virxe Astrea (que personificará a Xustiza) e as Ninfas do Erídano (que axudaron a Heracles a chegar ó país das Hespérides).

Esquilo é a única fonte que recolle a tradición de facela nai de Prometeo.

Mitoloxía miniatura|Estatua de Temis atopada en Ramnunte (c. 300 a. C., Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas) Crese que Temis, como personificación da Lei Natural e da Xustiza, aconsellou a Zeus protexerse coa pel da cabra Amaltea na loita contra os Xigantes. Tamén se di que foi ela a que incitou á Guerra de Troia, como solución para paliar a superpoboación da Terra.

Como esposa de Zeus e pola axuda prestada ós deuses ó inventar os oráculos e as leis, vive no Olimpo e está asociada ós Deuses olímpicos. Tamén foi quen ensinou a Apolo a facer augurios, pois ela era quen ostentaba o Oráculo de Delfos -herdado de Xea- antes de cederllo a Febe. Foi ela quen predixo a Atlas que o fillo de Zeus lle roubaría as mazás de ouro das Hespérides. Foi consultada en Delfos por Deucalión e Pirra.

Iconografía Temis recibiu culto en Grecia: en Ramnunte, na costa da Ática, hai un pequeno templo, de principios do século V a. C., onde se adoraba a Temis e a Némese Deusa que castigaba toda conduta desordenada dos homes.. A estatua de Temis foi obra do escultor Queréstrato.

Adoita representarse coa balanza e a espada, e, na maioría das ocasións, cos ollos vendados, imaxe que hoxe segue simbolizando a xustiza.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017. GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto] Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA

Categoría: Titáns