John Andrew Allan (coñecido habitualmente como John Allan), nado o 8 de agosto de 1884 en Bolton, East Lothian, e finado o 29 de agosto de 1955 en Edimburgo, foi un numismático escocés e experto en lingua sánscrita."Death of Dr John Allan, numismatist and sanskrit authority". En The Glasgow Herald. 29 de agosto de 1955. Páxina 10.Walker, J. (1956). Páxina 351.
Allan levou a cabo o primeiro estudo sistemático das moedas do Imperio Gupta, que segue a ser unha referencia nesa materia.
Traxectoria Allan naceu na pequena aldea de Bolton, en East Lothian, fillo dun mestre local, John Gray Allan. Cursou a educación secundaria na Royal High School de Edimburgo.
Logo dos seus estudos universitarios na Universidade de Edimburgo e na Universidade de Leipzig, Allan ingresou no Museo Británico en 1907, onde finalmente chegou a ocupar o posto de conservador do seu Departamento de Moedas e Medallas en 1931.
Paralelamente, foi tamén profesor de lingua sánscrita no University College London (1907-1917, posteriormente na Escola de Estudos Orientais da Universidade de Londres (1920-1922) e, xa despois da súa xubilación no Museo Británico, na Universidade de Edimburgo (1949-1955).
Allan foi un membro moi activo en numerosas sociedades científicas, nalgunha das cales desenvolveu labores directivos. Foi secretario da Royal Numismatic Society durante case corenta anos (1908-1948) e editor do xornal desta entidade, Numismatic Chronicle, durante case trinta (1921-1950). Así mesmo, foi vicepresidente da Sociedade de Anticuarios de Londres e da Sociedade de Anticuarios de Escocia.
John Allan finou no hospital Edingourg Royal Infirmary logo dunha curta doenza aos 71 anos.
Recoñecementos Allan foi elixido membro da Academia Británica en 1941 e nomeado Compañeiro da Orde do Baño (CB) en 1948. Tamén foi recoñecido co título honorífico de Legum Doctor pola Universidade de Edimburgo en 1949.
Premios (1928, e 1937): Medalla da Sociedade Numismática da India. (1936): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1936): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society.
Publicacións Allan publicou numerosos traballos, artigos, recensións bibliográficas e noticias, a maior parte deles en British Museum Quarterly, en History of the Berwickshire Naturalists' Club, no Journal of Hellenic Studies, no Journal of the Royal Asiatic Society, en Numismatic Chronicle, no suplemento numismático do Journal of the Asiatic Society of Bengal e en Museums Journal. Tamén fixo contribucións na Encyclopaedia of Islam (1ª edición), na Encyclopædia Britannica (14ª edición), na Encyclopaedia of Religion and Ethics (1914) e na Chambers's Encyclopaedia (1950). Entre os seus traballos monográficos pódense salientar os seguintes:Walker, J. (1956). Páxinas 352-360."Allan, John 1884-1955". WorldCat Identities."Allan, John Andrew 1885-1955 ". Digital Library Numis.
Escolma de monografías (1914). Catalogue of the Coins of the Gupta Dynasties and of Sasanka, King of Gauda. British Museum, Londres. (1928). Catalogue of the Coins in the Indian Museum, Calcutta, IV. Indian Museum, Oxford. (1934). The Cambridge Shorter History of India (con T. Wolseley Haig e H. H. Dodwell). Cambridge University Press. (1936). Catalogue of the Coins of Ancient India. British Museum, Londres. (1938). Transactions of the International Numismatic Congress, 1936 (con H. Mattingly e E. S. G. Robinson). Londres.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Walker, J. (1956). "John Allan (1884-1955)". En The Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society. 6ª serie. Vol. 16. Páxinas 351-360.
Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Nados en East Lothian Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Membros da Academia Británica Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Alumnos da Universidade de Edimburgo Categoría:Alumnos da Universidade de Leipzig Categoría:Profesores do University College London Categoría:Profesores da Universidade de Londres Categoría:Profesores da Universidade de Edimburgo Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Personalidades sen imaxes