Copernicus Sentinel-6 Michael Freilich é unha das misións Sentinel do Programa Copérnico da ESA. É un intento de substituír o altímetro de alta precisión do satélite Jason-3. Servirá para medir a topografía dos océanos a nivel mundial vía satélite, traballo que se leva facendo dende 1992 e é unha indicador clave do cambio climático, e moi interesante para estudos oceanográficos. Traballa en conxunto con servizos como o Copernicus Climate Change Service (C3S) para proporcionar unha visión máis completa e precisa dos cambios nos océanos e o clima da Terra.

O nome Michael Freilich contribuíu a que a NASA tivera colaboracións sólidas con científicos e axencias espaciais de todo o mundo. Foi un namorado da oceanografía e das ciencias da Terra.

Datos O seu lanzamento produciuse o 21 de novembro de 2020 ás 17:17 GMT, dende Vandenberg, California, nun SpaceX Falcon 9 e provisto dos instrumentos altímetro radar Poseidon-4 (sucesor dos Poseidon dos Jason) de frecuencia dual C e Ku, e un radiómetro microondas.

Ten prevista unha vida útil de ao menos 10 anos. A súa altitude orbital será 1336 km, en órbitas cunha inclinación de 66 º, co que cubrirá o 95 % dos océanos cada 10 días. Traballará en tandem co Jason 3, significando unha necesidade de aproximación da posición na órbita de 30 s como máximo, isto é, 230 km de variación. Sentinel-6 transporta un paquete de instrumentos de posicionamento, incluído un sistema que pode usar sinais tanto de GPS como de Galileo para o seu posicionamento.

A súa masa é de 1,2 toneladas.

Secuencia tras o lanzamento O seu lanzamento produciuse o 21 de novembro de 2020 ás 17:17 GMT (18:17 CET), e 2 minutos e 16 segundos despois apagouse o motor principal. Seguiu de xeito inmediato a separación da segunda etapa e o primeiro encendido do segundo motor. Despois, a primeira etapa da lanzadeira reusable Falcon 9 comezou o regreso automático á base para a súa aterraxe controlada.

Ós 3 minutos, tras protexer o satélite ó atravesar a atmosfera, o cono de morro do vehículo de lanzamento separouse como refugallo.

Ós 8 minutos produciuse o apagado do motor da segunda etapa.

Ós 53 minutos foi o primeiro rearranque da segunda etapa durante 15 segundos.

Ós 58 minutos separouse o satélite.

Á 1 hora e 7 minutos comezou o despregue dos paneis solares.

Á 1 hora e 33 minutos (19:49 CET) foi o primeiro contacto coas estacións terrestres de Alasca. Comezo do funcionamento normal coa baixada de datos de telemetría.

Funcionamento O 30 de novembro, o centro de operacións da ESA en Alemaña puxo en marcha o Poseidon-4, comezando a tomar medidas do nivel do mar (altimetría mariña).

Con posterioridade, poucos días despois,fíxose cargo da xestión EUMETSAT. miniatura|267x267px|Esta ilustración mostra o Sentinel-6 Michael Freilich en órbita cos seus paneis solares despregados. Como o satélite de vixilancia dos océanos máis recente do mundo, recollerá os datos máis precisos sobre o nivel do mar global e como os océanos están aumentando en resposta ao cambio climático. A misión tamén recollerá datos precisos de temperatura e humidade atmosféricas que axudarán a mellorar as previsións meteorolóxicas e os modelos climáticos. O satélite usa o sistema de posicionamento europeo Galileo e o GPS dos EEUUpara mellorar o seu posicionamento e polo tanto, o resultado das súas medicións. O satélite usa dous aparellos 'Receptor Preciso de Determinación de Órbita' (Precise Orbit Determination Receiver, PODRIX) do tamaño dunha caixa de zapatos, fabricados por RUAG Space en Austria. O receptor contén a cuarta xeración do do circuíto integrado de aplicación específica avanzado GPS/Glonass (Advanced GPS/GLONASS Application Specific Integrated Circuit, AGGA-4) construído por Airbus co soporte da sección de microelectrónica da ESA.

Xestión A ESA desenvolveu o altímetro radar de Poseidon-4 e todo o satélite Sentinel-6 Michael Freilich de Copernicus por conta da Comisión Europea e Eumetsat.

A propiedade foi transferida á Comisión Europea ó engalar. A ESA ocúpasese da órbita temperá e da planificación da verificación en órbita, así como do apoio ás operacións de voo de Eumetsat.

Eumetsat é responsable do desenvolvemento da parte terrestre e das operacións despois das fases de lanzamento e órbita temperá, procesado de datos e subministración de servizos e produtos para Europa.

A NASA responde do lanzamento, desenvolvemento do radiómetro de microondas, o retrorreflector láser e o receptor de ocultación de radio GNSS, a máis do apoio en terra e as operacións e procesamento de datos nos Estados Unidos.

A NASA e a NOAA comparten responsabilidade para distribuír produtos de datos nos Estados Unidos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Sentinel (misións espaciais)

Ligazóns externas Engalaxe

Categoría:Axencia Espacial Europea

Categoría:Meteoroloxía Categoría:Satélites artificiais