Pidgin-Deutsch ou alemán pidgin é unha lingua de contacto xurdida na emigración en Alemaña. O termo popularizouse nas décadas entre o 1965 e 1985, a partir do estudo "Zum Pidgin-Deutsch der Gastarbeiter""Franz Steiner Verlag, 5. Jahrg., H. 2 (Xullo, 1968), páx. 130-139" analizado en base a enquisas a traballadores migrantes españois e italianos. O termo non se centra en nacionalidades específicas senón no conxunto total de inmigrantes no país considerando o efecto no total da poboación e en comparación con migrantes máis asentadas como as turcas. Varios académicos coinciden en que este tipo de pidgin, pese a mostrar trazos propios do termo, carece do trasfondo sociolóxico[J. Arends/P. Muysken/N. Smith (1995) Pidgins and Creoles. Amsterdam: Benjamins "Pidgin-Deutsch"].
Trazos do alemán pidgin
Fallo de formas flexionadas en adxectivos e verbos; colocación do infinitivo e a forma feminina do artigo indefinido. Acumulación excesiva de adverbios. Confusión entre a forma viel e sehr. niks en substitución de nichts, nicht ou kein. Forma errónea do saúdo con du en conexión con formas infinitivas. Formas propias de declinar, fallos entre o definido e indefinido, nas preposicións e pronomes en posición incorrecta do suxeito. "Pidgin-Deutsch"
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pidgin Linguas crioulas Ruglish
Categoría:Linguas crioulas e pidgins