Francisco Brines Bañó, nado en Oliva (Valencia) o 22 de xaneiro de 1932 e finado en Gandía (Valencia) o 20 de maio de 2021, foi un poeta español encadrado no grupo poético dos anos 50. Desde 2001, e durante dúas décadas, foi Académico da Real Academia Española. Foi recoñecido con distincións como o Premio Nacional das Letras Españolas (1999), o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (2010) ou o Premio Miguel de Cervantes (2020). Un amplo sector da crítica cataloga a súa obra no capítulo elexíaco da poesía española do século XX, como continuador de Luís Cernuda ou Constantino Kavafis. O seu poemario en vida A última costa, foi elixido libro do ano 1996 polo suplemento ABC Cultural e gañou o Premio Fastenrath de 1998.

Biografía Fillo de ricos agricultores valencianos, estudou dereito nas universidades de Deusto, Valencia e Salamanca e cursou estudos de Filosofía e Letras en Madrid.

Co seu primeiro libro, Las brasas (1959) gañou o Premio Adonais e máis tarde, con Palabras en la escuridad (1966), obtivo o Premio Nacional da Crítica.

Incluído por José Batlló na Antología de la nueva poesía española (1968) aparece xa nela como unha das voces máis persoais da lírica intimista entre os membros da segunda xeración da posguerra, pechando filas con Barral, Caballero Bonald, Gil de Biedma, Angel González, José Agustín Goytisolo, Félix Grande, Claudio Rodríguez, Carlos Sahagún e José Ángel Valente, aínda que a diferenza da maioría deles, nunca cultivou a poesía social. No seu libro El santo inocente logo chamado Materia narrativa inexacta, case non se percibe rastro dela.

Foi profesor de literatura española na Universidade de Cambridge e máis tarde de lingua española na Universidade de Oxford.Instituto Cervantes. «Francisco Brines Bañó. Biografía.» Consultado o 30/6/2018. A súa profunda admiración polo teatro clásico español permitiulle, en 1988, a revisión e adaptación do texto de El alcalde de Zalamea de Calderón, versión que foi estreada en novembro dese ano pola Compañía Nacional de Teatro Clásico dirixida por José Luís Alonso. No ano 2001, foi nomeado membro da Real Academia Española, para ocupar a cadeira X vacante tras o falecemento do dramaturgo Antonio Buero Vallejo. Tomou posesión o 21 de maio de 2006.

Voz persoal A súa obra poética, que continúa en parte a liña iniciada por Luís Cernuda, caracterízase por un ton intimista e pola constante reflexión sobre o paso do tempo. Na súa escritura, a infancia aparece como un tempo mítico que descoñece a morte, ligado ao espazo de "Elca", a casa da nenez en Oliva. O adulto foi expulsado definitivamente do paraíso da infancia e só nalgúns momentos (a través do erotismo, da contemplación da natureza...) o ser humano recupera a plenitude vital experimentada na nenez e na mocidade. Por todo iso, a memoria desempeña un papel fundamental na súa escritura, aínda que os seus poemas deixan traslucir a convicción de que nin a poesía nin o recordo permiten deter o paso do tempo e salvar os momentos de plenitude do pasado. En El otoño de las rosas, o seu libro máis valorado pola crítica, fúndense o queixume elexíaco e a exaltación vital. Nalgúns capítulos do seu libro Aún no, achégase a unha poesía de ton satírico, que pouco cultivou posteriormente. O tema do amor homosexual aparece na súa poesía con naturalidade, nunha procura incesante da pureza.García, Ariadna G.: Antología de la poesía española (1939-1975). Akal, 2006, pág. 260.

A súa escritura, que tende a un equilibrio clásico e a un ton melancólico, que tenta dominar a angustia ante a morte mediante unha asunción serena do inevitable, nútrese non só da influencia de Luís Cernuda senón tamén, e en especial no seu primeiro libro, As brasas, da poesía de Juan Ramón Jiménez e do Antonio Machado máis intimista.

Obra

Obra poética

Las brasas (1960). Madrid. Colección Adonais. (Premio Adonais 1959). El santo inocente (1965). Madrid. Poesía para todos. Palabras a la oscuridad (1966). Madrid. Ínsula. (Premio da Crítica). Reeditado por Huerga & Fierro editores (1996). Aún no (1971). Barcelona. Llibres de Sinera. Insistencias en Luzbel (1977). Madrid. Visor. El otoño de las rosas, (1966). Sevilla. Renacimiento. (Premio Nacional de Literatura). La última costa (1995). Barcelona., Tusquets. Premio Fastenrath da Real Academia Españolla.

Antoloxías e reedicións

Ensayo de una despedida. Poesía 1960-1971 (1974). Poesía. 1960-1981 (1984). Selección propia (1984). Madrid, Cátedra. Poemas excluidos (1985). La rosa de las noches (1986). Poemas a D. K. (1986). El rumor del tiempo (1989). Barcelona, Anagrama. Espejo ciego (1993). Generalitat Valenciana. Breve antología personal (1997). Francisco Brines, poesía (1997). Universitat de Lleida. Selección de poemas (1997). Poesía completa (1960-1997) (1997). Antología poética (1998). La Iluminada Rosa Negra (2003). Amada vida mía (2004). Antología poética, (2006). Madrid, Espasa-Calpe. Todos los rostros del pasado (2007). Barcelona, Círculo. Las brasas (2009). Madrid, Biblioteca Nueva. Para quemar la noche (2010). Madrid, Patrimonio Nacional. Yo descanso en la luz (2010). Madrid, Visor. Aún no (2012). Madrid, Bartleby. Jardín nublado. Antología poética, (2016). Valencia, Pre-Textos.

Outras obras

Escritos sobre poesía española contemporánea (1994). Valencia, Pre-Textos, 1994. "Carmen Calvo" (1999). Caja de Ahorros de Asturias. Luis Cernuda, Ocnos (2002).. Edición literaria de Francisco Brines. Huerga y Fierro. Unidad y cercanía personal en la poesía de Luis Cernuda: discurso de ingreso en la Real Academia Española (2006). Contestado por Francisco Nieva, Sevilla, Renacimiento. Elca. Libro de artista (2010). Conxunto con Mariona Brines. Valencia, Editorial Krausse.

Algúns galardóns recibidos

1960: Premio Adonáis 1967: Premio da Crítica 1987: Premio Nacional de Literatura 1987: Premio das Letras Valencianas 1998: Premio Fastenrath 1999: Premio Nacional das Letras Españolas 2004: Premio á Creatividade 'Ricardo Marín' 2007: IV Premio Internacional de Poesía Federico García Lorca 2010: Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana 2020: Premio Miguel de Cervantes

Bibliografía sobre a súa obra

Andújar Almansa, José (2003). La palabra y la rosa. Sobre la poesía de Francisco Brines. Alianza. Bousoño, Carlos (1985). Poesía poscontemporánea. Cuatro estudios y una introducción. Júcar. Debicki, Andrew P. (1987). Poesía del conocimiento. La generación española de 1956-1971 Madrid. García Berrio, Antonio (2003). Empatía. La poesía sentimental de Francisco Brines. Generalitat Valenciana. Gómez Toré, José Luis (2002). La mirada elegíaca. El espacio y la memoria en la poesía de Francisco Brines. Pre-Textos. Jiménez, José Olivio (2001). La poesía de Francisco Brines. Renacimiento. Martín, F. J. (1998). El sueño roto de la vida (Ensayo sobre la poesía de Francisco Brines), Altea. Pujante, David (2004). Belleza mojada. La escritura poética de Francisco Brines. Renacimiento. Romano, Marcela (2016). Una obstinada imagen. Políticas poéticas en Francisco Brines. Villa María: Eduvim.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Escritores LGTB de España Categoría:Premio Nacional das Letras Españolas Categoría:Escritores da Comunidade Valenciana Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Nados en 1932 Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Premio Cervantes Categoría:Finados en 2021 Categoría:Premio Fastenrath