A República da China participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1932 baixo o nome de China. Despois da guerra civil chinesa, a República da China retirouse á illa de Taiwán, e soamente os deportistas orixinarios de Taiwán competiron no seu equipo dende entón. A República da China protestou a resolución de Nagoia de 1979 boicoteando os Xogos Olímpicos de 1976. Dende entón, a República da China competiu baixo o nome intencionadamente ambiguo de Taipei chinés. A República da China tamén participou na cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de 1924, mais os seus catro deportistas, todos eles xogadores de tenis, retiráronse da competición.

Táboas coas medallas Medallas nos Xogos de Verán XogosDeportistasOuroPrataBronceTotalPosto Os Ánxeles 1932 1 0 0 0 0 – Berlín 1936 54 0 0 0 0 – Londres 1948 31 0 0 0 0 – Total 0 0 0 0 –

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Taipei chinés nos Xogos Olímpicos Ligazóns externas

Categoría:Taiwán nos Xogos Olímpicos