O Caribe Neerlandés (, ) son tres municipios especiais do Reino dos Países Baixos localizados no mar Caribe. Consisten nas illas de Bonaire, Santo Eustaquio e Saba, Aínda que ás veces o termo "Países Baixos do Caribe" úsase para referirse a todas as illas do Caribe neerlandés. Na lexislación, as tres illas tamén son coñecidas como Bonaire, Santo Eustaquio e Saba ou as illas BES (acrónimo dos seus nomes). As illas están actualmente clasificadas como organismos públicos nos Países Baixos e como países e territorios de ultramar da Unión Europea, polo tanto, o Dereito da UE non se aplica automaticamente.

Bonaire (incluído o illote de Klein Bonaire) é unha das Antillas de Sotavento e está situada preto da costa de Venezuela. Santo Eustaquio e Saba están no grupo principal das Antillas Menores e están situadas ao sur de Sint Maarten e ao noroeste de Saint Kitts e Nevis. Os Países Baixos do Caribe contaban cunha poboación de 25.987 en xaneiro de 2020.

Estado legal As tres illas gañaron o seu estado actual tras a disolución das Antillas Neerlandesas o 10 de outubro de 2010. Ao mesmo tempo, as illas de Curaçao e Sint Maarten convertéronse en países autónomos () dentro o Reino dos Países Baixos. A illa de Aruba tamén é un país constituínte do Reino situado no Caribe. O termo "Caribe neerlandés" pode referirse aos tres municipios especiais (por exemplo, para selos), pero tamén pode referirse a todas as illas do Caribe dentro do Reino dos Países Baixos. A poboación dos Países Baixos do Caribe é 25.987 habitantes. A súa superficie total é de .

As illas dos Países Baixos do Caribe votaron por primeira vez nas Eleccións xerais dos Países Baixos de 2012.

Administración

Os municipios especiais () realizan moitas das funcións que realizan normalmente os Concellos holandeses. O poder executivo recae no Consello de Goberno dirixido polo gobernador da illa. O principal órgano democrático é o consello insular. Os cidadáns neerlandeses destas tres illas teñen dereito a votar nas eleccións nacionais holandesas e (como todos os nacionais holandeses) nas eleccións europeas.

Oficialmente as illas clasifícanse na lei holandesa como (literalmente traducido como "organismos públicos") e non ( concellos). A diferenza dos municipios normais, non forman parte dunha Provincia holandesa e as competencias que normalmente exercen as deputacións provinciais nos municipios repártense entre os propios gobernos insulares e o goberno central por medio da Oficina Nacional para os Países Baixos do Caribe. Por este motivo, chámanse concellos "especiais".

Para moitas leis neerlandesas hai unha versión especial para os Países Baixos do Caribe. Por exemplo, a seguridade social non está ao mesmo nivel que nos Países Baixos europeos.

bandeira Nome Capital Superficiehttps://www.rijksoverheid.nl/onderwerpen/caribische-deel-van-het-koninkrijk/vraag-en-antwoord/waaruit-bestaat-het-koninkrijk-der-nederlanden Poboaciónhttps://www.rijksoverheid.nl/onderwerpen/caribische-deel-van-het-koninkrijk/vraag-en-antwoord/waaruit-bestaat-het-koninkrijk-der-nederlanden(xaneiro 2020)Densidade Bonaire Kralendijk 20,91527px Sint Eustatius Oranjestad 3,139 Saba The Bottom 1,933 Total 25,987

Oficina Nacional

A Oficina Nacional para os Países Baixos do Caribe () é responsable dos impostos, policía, inmigración, infraestruturas de transporte, saúde, educación e seguridade social nas illas e ofrece estes servizos en nome do Goberno dos Países Baixos. Esta axencia creouse como o Centro de Servizos Rexionais en 2008 e converteuse na Oficina Nacional para os Países Baixos do Caribe o 1 de setembro de 2010. O actual director é Jan Helmond. O Representante para os organismos públicos de Bonaire, Sint Eustatius e Saba Representa ao goberno dos Países Baixos nas illas e tamén realiza tarefas similares a un Comisario do Rei. O actual representante é Gilbert Isabella.

Relación coa Unión Europea thumb | Os territorios especiais da Unión Europea

As illas non forman parte da Unión Europea e no seu lugar constitúen os "países e territorios de ultramar" (status PTU) da Unión, aos que se aplican disposicións especiais. Segundo o anexo II do Tratado de funcionamento da Unión Europea. O Tratado de Lisboa introduciu un procedemento polo que o Consello Europeo pode cambiar o status dun territorio de ultramar de Dinamarca, Francia ou os Países Baixos sobre a aplicación dos tratados da UE a ese territorio. Agora contida no artigo 355, apartado 6, do Tratado de Funcionamento da Unión Europea. En xuño de 2008, o goberno neerlandés publicou unha enquisa sobre os impactos legais e económicos derivados dun cambio de estado de PTU a rexión ultraperiférica (RUP). A revisión realizouse como parte da revisión planificada da "Lei para os organismos públicos holandeses de Bonaire, Santo Eustaquio e Saba" (), onde as illas teñen a opción de converterse en RUP e, polo tanto, son unha parte directa da Unión Europea. En outubro de 2015, a revisión concluíu que as actuais estruturas legais para a gobernanza e integración cos Países Baixos europeos non funcionaban ben no marco de WolBES, pero non se fixeron recomendacións respecto de se un cambio do estado de PTU a RUP axuda a mellorar esta situación.

Xeografía Os Países Baixos do Caribe forman parte das Antillas Menores. Dentro deste grupo de illas:

Bonaire forma parte das illas ABC dentro da cadea de illas Antillas de sotavento fronte á costa de Venezuela. As Antillas de Sotavento teñen unha orixe mixta volcánica e coralina. Saba e Santo Eustaquio forman parte das illas SSS. Atópanse ao leste de Porto Rico e as Illas Virxes. Aínda que en lingua inglesa descríbense normalmente como parte das Illas de Sotavento, en francés, español, holandés e inglés falados localmente, considéranse que forman parte das Illas de Barlovento. As Illas de Barlovento son de orixe volcánica e montañosa, deixando pouco terreo adecuado para a agricultura. O punto máis alto é Mount Scenery, , en Saba (tamén o punto máis alto de todo o Reino dos Países Baixos).

Clima As illas dos Países Baixos do Caribe gozan dun clima tropical durante todo o ano. As illas de Sotavento son máis cálidas e secas que as illas de Barlovento. No verán, as Illas de Barlovento poden estar suxeitas a furacáns.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Reino dos Países Baixos

Ligazóns externas Official website of the National Office for the Caribbean Netherlands Official website of the government of Bonaire Official website of the government of Saba Official website of the government of St. Eustatius

Categoría:Países Baixos