miniatura|300x300px|Legalidade da eutanasia no mundo. A eutanasia (do ; a "boa morte": εὖ, eu; "bo" + θάνατος, thanatos; "morte") é a práctica de terminar cunha vida de xeito intencionado para acabar coa dor ou co sufrimento.
Dependendo dos países, hai diferentes leis de eutanasia. Segundo o comité de ética médica da Cámara dos lords do Reino Unido, a eutanasia é "unha intervención deliberada levada a cabo coa intención expresa de acabar cunha vida para aliviar un sufrimento insoportable". Nos Países Baixos e en Bélxica, a eutanasia enténdese como "a terminación dunha vida por parte dun médico e por petición dun paciente".Euthanasia and assisted suicide BBC. Data de acceso: 14 de novembro de 2020. Arquivada dende o orixinal. Porén, a lei neerlandesa non usa o termo 'eutanasia', senón que inclúe o concepto nunha definición máis ampla de "suicidio asistido e terminación dunha vida baixo petición".
A eutanasia pódese categorizar de varios xeitos, como voluntaria, non voluntaria e involuntaria:Voluntary and involuntary euthanasia BBC Data de acceso: 14 de novembro de 2020. Arquivado dende o orixinal.
A eutanasia voluntaria é legal nalgúns países. A eutanasia non voluntaria (sen o consentimento do paciente) é ilegal en tódolos países. A eutanasia involuntaria (sen pedir consentimento ou contra a vontade do paciente) tamén é ilegal en todos os países e considérase normalmente asasinato.
No ano 2006 a eutanasia converteuse no eido de investigación máis activo da bioética. Nalgúns países hai controversia pública sobre as cuestións morais, éticas e legais asociadas á eutanasia. A eutanasia pasiva (coñecida coloquialmente como "desenchufar") é legal baixo certas circunstancias en varios países. Porén, a activa, só é legal ou legal de facto en poucos países (por exemplo: no Canadá, Bélxica, Suíza e España), pero está limitada a circunstancias específicas e require a aprobación médica ou de conselleiros de saúde mental. Nalgúns países como Nixeria, Arabia Saudita ou Paquistán, o apoio á eutanasia activa e practicamente inexistente.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bioética Dereito a morrer Medicina paliativa Morte digna
Ligazóns externas Asociación Derecho a Morir Dignamente
Categoría:Morte