Chocolat Suchard é unha marca comercial enfocada á fabricación e venda de chocolate fundada en 1826 polo suízo Philippe SuchardNuestra historia . www.suchard.es. na cidade de Neuchâtel e pertencente ao grupo multinacional de alimentación Mondelēz International.
Historia En 1826, Philippe Suchard funda a súa fábrica na cidade de Neuchâtel (Suíza), simultaneamente a outra fábrica en Serrières. En 1879, a sociedade abre a súa primeira fábrica internacional en Rötteln, Alemaña. En 1901 ve nacer a marca Milka.
En 1930 fúndase a casa Suchard, 10 anos despois é trasladada de Neuchâtel a Lausana. En 1970, fusiónase con Chocolat Tobler, famoso polo Toblerone e toma o nome de Interfood S.A. En 1982 Klaus Johann Jacobs adquire a maioría do capital e intégrao no seu grupo, que se converte en Jacobs Suchard S.A..
En 1990 é o ano do fin da produción de chocolate en Neuchâtel, trasladándose a produción a outros países.
Principais produtos Turrón de Suchard A barra de chocolate Suchard Express Chocolatinas e tabletas de chocolate Suchard O chocolate con leite La-Do-Ré (xogo de palabras en francés l'adoré, que en galego significa encántame) Caramelos Sugus.
Notas
Categoría:Gastronomía de Suíza