miniatura|250px|Jules Xénard, gañador do ano 2026. O Wikimedista do ano é un recoñecemento anual que honra aos editores de Wikipedia, e doutros proxectos de Wikimedia, por teren conseguidos logros importantes dentro do movemento Wikimedia. O premio foi estabelecido en agosto de 2011 polo fundador de Wikipedia, Jimmy Wales, quen escolle os premios e hónraos en Wikimania, unha conferencia anual da Fundación Wikimedia, agás en 2020, 2021 e 2022 cando os destinatarios foron anunciados en reunións en liña por mor da pandemia de COVID-19. Entre os anos 2011 e 2016 o premio foi nomeado Wikipedista do ano.

Historia En 2011, o primeiro título de Wikimedista do ano foille concedido a Rauan Kenzhekhanuly, un emprendedor kazako, polo "seu traballo en construír unha sólida Wikipedia en lingua kazaka". O ano seguinte, foi galardoado un editor de Wikipedia identificado como "Demmy" por crear un bot que traduciu arredor de 15 000 artigos curtos en inglés ao ioruba, unha lingua falada en Nixeria. En 2013 Rémi Mathis de Wikimédia France e da Wikipedia en francés foi nomeado polo seu papel nun controvertido artigo, e en 2014, o premio foille concedido postumamente a un activista ucraíno, Ihor Kostenko, quen promociouno activamente a Wikipedia en ucraíno en redes e páxinas sociais antes de ser asasinado nunha protesta. Wales nomeou un gañador sen revelar a súa identidade en 2015, e agarda poder contar a súa historia algún día. En 2016, entregouse o primeiro premio de maneira conxunta, sendo outorgado a Emily Temple-Wood e Rosie Stephenson-Goodknight polos seus esforzos en combater o acoso en Wikipedia e incrementar a presenza da muller. Outros gañadores foron Felix Nartey, Farhad Fatkullin, Emna Mizouni e Sandister Tei.

Alén do premio principal, Susanna Mkrtchyan e Satdeep Gill foron os primeiros en recibir mencións de honra no ano 2015. Dende 2015, entregáronse sete mencións de honra. O premio foi ampliado en 2021 con categorías adicionais, incluíndo "Colaborador Multimedia do ano", "Acabado de chegar do ano", "Colaborador técnico do ano" e "Laureado de Wikimedia". En 2024, engadiuse a categoría de Funcionario do Ano.

Lista dos gañadores +Lista de gañadores do Wikimedista do ano AnoImaxe Gañador Proxecto principal Motivo 201190pxRauan KenzhekhanulyWikipedia en kazakoKenzhekhanuly recrutou unha comunidade estábel para mellorar a Wikipedia en kazako, que nun ano medrou de 4 a máis de 200 editores activos, e de 7 000 a 130 000 artigos. Wales foi criticado polos seus compañeiros wikipedistas por mor das relacións de Kenzhekhanuly co goberno de Kazakhstán. Wales declarou en Reddit en 2015 que non tiña coñecemento das relacións de Kenzhekhanuly co goberno kazako e dixo que se tivese sabido que Kenzhekhanuly ía converterse en gobernador dunha rexión do seu país, tería "rexeitado darlle o premio".2012—"Demmy"Wikipedia en iorubaDemmy creou un bot para traducir 15 000 artigos curtos en inglés á lingua ioruba, unha lingua falada en Nixeria.201390px|alt=A man with short hair in a black coat wearing glasses. Rémi MathisWikipedia en francésMathis, presidente de Wikimédia France e administrador da Wikipedia en francés, quen recibiu a honra polo seu papel na controversia arredor do artigo Estación de radio militar de Pierre-sur-Haute.201490px|alt=A man wearing an orange with blue stripes jersey. Ihor KostenkoWikipedia en ucraínoKostenko, un activista do Euromaidan, foi un editor da Wikipedia en ucraíno, a cal promoveu activamente en redes sociais. Foi asasinado durante unha protesta o 20 de febreiro de 2014, e recibiu o premio de maneira póstuma.2015—non reveladoWales nomeou un editor anónimo in pectore, e agarda poder revelar algún día as razóns polas que gañou sen poñer en perigo ao destinatario. 201690px|alt=A woman wearing aquamarine top and smiling.Emily Temple-WoodWikipedia en inglésAs primeiras gañadoras conxuntas polos seus esforzos para combater o acoso en Wikipedia e facer medrar a cobertura dos contidos de mulleres. Temple-Wood creou preto de 400 artigos e mellorou centos máis, moitos dos cales tratan sobre mulleres científicas e sobre a saúde da comunidade LGBT e das mulleres. Stephenson-Goodknight mellorou máis de 3 000 artigos, creou conxuntamente un espazo de benvida a novos contribuidores e cofundou proxectos de extensión para mulleres, incluíndo "WikiWomen's User Group", "WikiProject Women" e a campaña "Women in Red".90pxRosie Stephenson-GoodknightWikipedia en inglés201790pxFelix NarteyWikipedia en inglésNartey recibiu o premio pola súa colaboración de contido sobre o seu país de orixe, Ghana, e por liderar varias iniciativas para promover a importancia de editar Wikipedia. Na súa dedicación, Wales mencionou que Nartey desempeñou un papel de liderado na organización da segunda conferencia Wiki Indaba 2017 en Accra, Ghana, e foi fundamental na construción das comunidades locais en África.201890pxFarhad FatkullinWikipedia en tártaroEn 2009, Fatkullin uniuse ao movemento Wikimedia. Descríbese a si mesmo como un "namorado da Wikipedia en tártaro". Dende 2015, Fatkullin contribuíu en diferentes linguas de Rusia, entre elas a lingua tártara.201990px Emna MizouniWikipedia en árabeEn 2013, Mizouni fundou Carthagina xunto con outras persoas. Comezou a contribuír a proxectos Wikimedia en 2013 con Wiki Loves Monuments. Axudou a organizar diversas conferencias importantes de Wikimedia, incluíndo a conferencia inaugural WikiArabia, sendo copresidenta do comité de Wikimania 2018. En 2016, uniuse ao Affiliations Committee e en 2018, converteuse na súa vicepresidenta.2020 90px Sandister TeiWikipedia en inglésTei contribuíu activamente na creación de artigos en Wikipedia sobre o impacto da pandemia da COVID-19 en Ghana. 2021 90px Alaa NajjarWikipedia en árabeFoi homenaxeado na conferencia Wikimania 2021, que se celebrou virtualmente, polo seu traballo na Wikipedia en árabe e polo seu traballo para desenvolver proxectos médicos, especialmente o proxecto COVID-19.2022118x118pxOlga ParedesWikipedia en castelánParedes foi homenaxeada na conferencia virtual Wikimania 2022 polo seu liderado en comunidades como Wikimujeres e Wikimedistas de Bolivia, e por alentar a outras persoas, especialmente ás mulleres, a facer medrar o movemento Wikimedia.2023100x100pxTaufik RosmanWikidata, Wikicionario en malaio Taufik foi homenaxeado na conferencia Wikimania de 2023 en Singapur polas súas enormes achegas ao Wikicionario en malaio e pola axuda prestada para fomentar unha comunidade positiva de editores de Wikimedia malaisianos.2024100pxHannah Clover Wikipedia en inglés Clover recolleu as historias de máis de 200 editores a través do seu proxecto "reflexións do editor". Tamén avogou polos novos editores e os que editan en teléfonos intelixentes.2025100px|alt=Robert Sim Wikipedia en inglés Sim céntrase en mellorar o contido relacionado con Singapur na Wikipedia e axudou a lanzar o grupo de usuarios Wikimans of Singapore en 2023. Ese ano, tamén axudou a coordinar a Wikimania 2023 en Singapur.2026alt=|100x100pxJules XénardWikipedia en francésJules Xénard, tamén coñecido como Jules*, polas súas contribucións en temas delicados como o quecemento global e as súas accións contra o contido promocional e a desinformación.

Mencións de honra +Lista de mencións honoríficas de Wikimedista do ano. AnoImaxe Gañador Proxecto principal Motivo Ref(s)201590px|alt=A woman with short hair wearing a black top with white drawings.Susanna MkrtchyanWikipedia en armenioMkrtchyan é membro da xunta directiva de Wikimedia Armenia. Foi galardoada polas súas actividades fóra da wiki, incluíndo "One Armenian – One Article", unha campaña de edición e un proxecto de campamento xuvenil para axudar aos novos editores de Armenia.90px|alt=A Asian man with blue shirt with a small beard smilingSatdeep GillWikipedia en panxabí (oriental)Gill é un colaborador hindú Wikipedia en panxabí. Foi premiado por animar á xente da súa universidade a editar a Wikipedia en panxabí, converténdoa na Wikipedia en lingua india de máis rápido crecemento ese ano.201690px|alt=A man with a sweater looking in front of camera.MardetanhaWikipedia en persaMardetanha creou a versión en persa da "Biblioteca Wikipedia", que axuda aos editores a atopar fontes de artigos. Tres editoriais doaron o acceso da investigación aos seus traballos aos editores.90px|alt=A woman wearing necklace with glasses and smiling.Vassia AtanassovaWikipedia en búlgaroAtanassova estabeleceu o reto "#100wikidays", que desafiou aos editores a crear un artigo da Wikipedia ao día durante cen días. Máis de 120 colaboradores uníronse ao concurso e un terzo deles completárono.2017Diego GómezEstudante colombiano que foi procesado por violación dos dereitos de autor logo de compartir un traballo académico en liña. Posteriormente foi absolto.201890px|alt=A Asian man wearing glasses looking in front of camera.Nahid SultanWikipedia en bengalíSultan é un membro activo de Wikimedia Bangladesh.alt=A woman wearing a white sweatshirt, glasses and smiling.|116x116pxJess WadeWikipedia en inglésWade é unha física que se esfrozou durante un ano para crear artigos na Wikipedia sobre científicas e enxeñeiras que "representen mellor ás mulleres e ás persoas de cor". En febreiro de 2020, escribira máis de 900 artigos novos.2021120x120pxNetha HussainWikipedia en inglés e Wikipedia en malayalamNetha é unha médico orixinaria da India. Ela proporcionou valiosas achegas ao contido médico en proxectos de Wikimedia, centrando gran parte do seu esforzo durante 2020-21 na cobertura da pandemia de COVID-19. Tamén iniciou o Proxecto "Vaccine Safety Project" para abordar a desinformación sobre as vacinas contra a COVID-19.120 pxCarmen AlcázarWikipedia en castelán Alcázar foi recoñecida polo seu traballo para reducir o nesgo de xénero na Wikipedia en castelán.2022160x160pxAnna TorresWikipedia en castelánTorres é a directora executiva de Wikimedia Arxentina, mais o seu recoñecemento na categoría de Mencións de Honra é polos seus esforzos por crear unha rede de apoio internacional para facer medrar e construír capacidade para comunidades en toda América Latina, así como polas súas achegas aos procesos de cambio, como a 2030 Wikimedia Movement Strategy.2023100x100pxAnton ProtsiukWikipedia en ucraínoProtsiuk é o coordinador de programas en Wikimedia Ucraína.2024128x128pxGu Eun-aeWikipedia en coreanoGu é a directora de Wikimedia Corea, que ela mesma axudou a fundar. 2025128x128pxNitesh GillWikipedia en panxabíNitesh comezou a editar en 2014 e dende entón foi unha colaboradora clave da Wikipedia en panxabí. Aceptou o reto #100wikidays en 2017, superou os 100 e chegou aos 500 días. O seu traballo foi fundamental para pechar a fenda de xénero: a Wikipedia en panxabí agora ten máis artigos sobre mulleres que calquera outro xénero, en gran parte grazas a ela.128pxAmmarpadWikipedia en hausaUniuse por primeira vez á comunidade Wikimedia en 2015 a través da Wikipedia en inglés, onde escribiu artigos (especialmente biografías) sobre Nixeria. A medida que foi gañando experiencia, centrouse en mellorar a calidade do contido relacionado con Nixeria nunha ampla gama de temas. É cofundador e dirixiu a Wikimedia Hausa. Foi xestor de proxectos da campaña Wikipedia Pages Wanting Photos en 2022 e 2023. Ademais da edición, Ammarpad leva uns cinco anos traballando no soporte do software que impulsa todos os proxectos de Wikimedia: MediaWiki. Fixo máis de 900 cambios de software e revisou centos doutros.2026128pxHijiri UmemotoWikipedia en xaponés128pxMari AvetisyanWikipedia en armenio

Acabado de chegar do ano O premio ao Acabado de chegar do ano foi presentado por primeira vez en 2021.