José González Dopico, nado en Ferrol o 9 de xuño de 1944 e finado na mesma cidade o de 17 de maio de 2007, foi un boxeador galego.
Traxectoria Dopico criouse no barrio de Esteiro e comezou a practicar o boxeo dirixido por Joaquín Alejos, que fora campión de España. Debutou como afeccionado en 1957 e proclamouse campión de Galicia de peso pluma derrotando a Amando Dopico. Debutou como profesional o 17 de agosto de 1963.
O 5 de setembro de 1965, xa en peso wélter, venceu en Carballo o canario Carmelo García "Gancho" nun combate polo campionato de España, que non obstante o propio "Gancho" lle arrebatou en decembro. Dous anos despois volveu loitar polo título, mais foi derrotado por Antonio Torres. Conseguiu o título de campión de España o 23 de xullo de 1968 ao vencer a Toni Ortiz no primeiro asalto. Revalidou o título en varias ocasións. En novembro de 1973 enfrontouse en París co francés Roger Menetrey polo campionato de Europa, que non logrou. Entre 1970 e 1973 estivo entre os dez primeiros da clasificación dos mellores pesos wélter do Consello Mundial de Boxeo.
Abandonou o boxeo en 1975 tras revalidar o campionato de España e pasou a traballar como bombeiro na súa cidade natal.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas José González Dopico en BoxStat Homenaxe ao boxeador galego José González Dopico
categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Boxeadores de Galicia Categoría:Boxeadores de peso wélter Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes