A Sociedade Canadense de Papel Moeda (en inglés: Canadian Paper Money Society –CPMS–) é unha organización numismática sen ánimo de lucro e dedicada á promoción dos estudos e do coleccionismo de billetes canadenses, correspondentes a emisións tanto públicas coma privadas."Welcome". Sitio web da CPMS.
Foi fundada en 1964 e ten a súa sede en Ottawa, Ontario."Canadian Paper Money Society (páxina de créditos)". En Canadian Paper Money Society Journal. Vol. 50. Nº 143. Decembro de 2014. Páxina 94."Contact the CPMS". Sitio web da CPMS. O seu presidente é Stephen Oatway."CPMS Executive". Sitio web da CPMS.
Os seus membros son fundamentalmente canadenses, aínda que tamén os hai nos Estados Unidos e noutros países.
A CPMS fai coincidir a súa asemblea xeral ordinaria coa celebración da súa convención anual.
Os seus membros teñen acceso á consulta dos fondos da biblioteca da Real Asociación Numismática do Canadá."Services & Facilities". Sitio web da CPMS.
Xornal da CPMS A Sociedade Canadense de Papel Moeda publica con periodicidade trimestral o xornal Canadian Paper Money Society Journal, con informacións de actualidade e artigos de investigación acerca do papel moeda canadense."Official Journal". Sitio web da CPMS.
Presidentes da CPMS Esta é unha listaxe dos presidentes da entidade desde a súa fundación en 1964.""CPMS Executive / Past Presidents". Sitio web da CPMS." W. H. McDonald, FCNRS (1964-1968) Jack Veffer (1969-1971) John Phipps (1971-1975) Harry Eisenhauer (1975-1978) Myer Price (1978-1981) Al Bliman (1981-1983) Ronald Greene (1983-1985) J. Richard Becker (1985-1987) Graham Esler, (1987-1989) Robert Graham (1989-1991) Lub Wojtiw (1991-1993) Walter D. Allan (1993-1995) Geoffrey G. Bell (1995-1997) Dick Dunn (1997-1999) Paul Berry (1999-2001) Earl Salterio (2001-2003) Charles Moore (2003-2005) Harold Brown (2005-2007) Cliff Beattie (2007-2011) Michael Zigler (2011-2013) Jared Stapleton (2013-2015) James Williston (2015–2017) Ronald A. Greene (2017-2019) Stephen Oatway (desde 2019)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de asociacións numismáticas Real Asociación Numismática do Canadá
Ligazóns externas Sitio web da CPMS
Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro Categoría:Sociedades científicas Categoría:Cultura do Canadá