Sonia Méndez Alonso, nada en Vigo o 14 de agosto de 1980, é unha directora de cine, guionista e actriz galega.
Traxectoria Estudou no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, realizou diversos cursos de formación en cine, televisión e teatro. Entre outras a Escola de Imaxe e Son da Coruña, en Espazo Aberto (Santiago de Compostela), no Centre de Estudis Cinematográfics de Barcelona, na Escola Internacional de Cinema e TV de Cuba, e un Posgrao en Interpretación e Arte Dramática (Universidade de Santiago de Compostela).
Dirixiu, guionizou e produciu as curtametraxes: Perversa Lola, Leo e Mario (déixanse), Ei, guapa! para a longametraxe colectiva Visións da Deputación de Pontevedra, As damas negras e Conversa cunha muller morta. Estas últimas premiadas co premio Mestre Mateo a Mellor Curtametraxe nos anos 2011 e 2012 entre múltiples premios e distincións.
Traballou como actriz en diversas series como Os Atlánticos ou Terra de Miranda para a CRTVG, Cuéntame cómo pasó para TVE ou El Vecino de Netflix e en longametraxes como Olvido y León ou Rafael.
Desde 2014 idea e dirixe o festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, primeiro festival de webseries e contidos dixitais de España. Xunto á produtora Nati Juncal Portas creou en 2018 Cósmica Producións. Xa con Cósmica, dirixiu e guionizou a serie Antes de perder para Playz-RTVE que tamén foi premiada co Mestre Mateo á mellor serie web en 2020 e a longametraxe documental A poeta analfabeta sobre a poeta, feminista e activista galega Luz Fandiño, estreado no festival Cineuropa de Santiago de Compostela, premios CREA a Mellor Dirección na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) e finalista candidato a Mellor Documental nos XX Premios Mestre Mateo e que está actualmente en distribución.
En 2019 foi a directora da gala dos XVII Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.
En 2024 escribiu e dirixiu a súa primeira longametraxe, As Neves, estreada o 10 de maio de 2024.
É vicepresidenta da Academia Audiovisual Galega, membro da Asociación de Directores e Directora de Galicia (CREA) e da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG).
Filmografía miniatura|dereita|Sonia Méndez en setembro de 2019. Cinema Ano Título Personaxe Notas 2003 A rosa de Alexandría Longametraxe 2007 Unha muller invisible Clara Longametraxe 2008 Rafael Mariló Longametraxe 2010 Perversa Lola - Curtametraxe. Directora e guionista. Leo e Mario (déixanse) - Curtametraxe. Directora e guionista Efectos colaterais Curtametraxe Anos despois Longametraxe 2012 El sexo de los ángeles Marta Longametraxe As damas negras - Curtametraxe. Directora. Conversa cunha muller morta - Curtametraxe. Directora, guionista e produtora. 2014 Porca miseria Entrevistada Curtametraxe 2016 Migas de pan Longametraxe Ei, guapa! - Curtametraxe. Directora 2020 Olvido y León Longametraxe A poeta analfabeta - Longametraxe documental. Directora e guionista 2024As NevesLongametraxe. Directora
Televisión Ano Título Rol Notas 2001 - 2005 Terra de Miranda Bea Carballo Serie de televisión. 110 episodios. 2004 Pepe Carvalho Isolina 1 episodio: "La rose d'Alexandrie" 2005 Pataghorobí Telefilme 2008 - 2009 Os Atlánticos Marta 26 episodios 2008 Luar Como Marta da serie Os Atlánticos Programa de televisión. 4 programas. 2009 Gondar 1 episodio: "Quen rouba a un ladrón..." 2012 Angélica e Roberta Roberta Web serie. 2 tempadas e 18 episodios. 2015 Cuéntame cómo pasó Beatriz 1 episodio: "El último minuto de nuestra vida" 2019 Antes de perder Moza no cuarto de baño 1 episodio: "Buena suerte, chicas". Directora dos 7 episodios. Pequeñas dosis 6 episodios 2022 Galicia de 20 a 20 Serie de televisión. TVG
Premios
2021: Premio Mulleres no Foco da Deputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais, con Margarita Ledo e Noemí Chantada.
Notas
Categoría:Actores de Vigo Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1980 Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Guionistas de Galicia