Xián Lois Alcayde Dans, nado na Coruña en 1997, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Estudou no IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña e no IES María Casares de Oleiros. Cursou o grao en Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e, posteriormente, na Universidade de Santiago de Compostela, onde está a realizar estudos de doutoramento.
Foi membro do consello editorial da revista Ligeia, na que coordinou a súa sección de Xornalismo. Colabora en El Salto, Luzes, da que é membro do seu comité de redacción, e no Nós Diario co seu suplemento dos sábados, o Sermos Galiza, ademais de ter publicado creación nas revistas Grial e Dorna. No ano 2020 publicou, xunto con outras autoras e autores, o libro Poesía galega novísima coordinado polo escritor Marcus Daniel Cabada na Editorial Urutau na que é unha selección das autorías líricas máis novas no comezo da década dos anos 2020 en Galicia.
En 2018 elaborou o guión para o documental Outra Coruña posible: Domingos Merino, dirixido por Paula Quiroga, sobre a vida do primeiro alcalde democrático da Coruña despois do Franquismo, Domingos Merino. Nos anos 2019 e 2020 colaborou coa Real Academia Galega na guionización dunha serie audiovisual de varias pezas co obxectivo de promover o uso da lingua galega entre a mocidade dirixida tamén por Paula Quiroga. Alcayde exerceu, así mesmo, como redactor para os servizos informativos da TVG no Telexornal e foi locutor e responsable de comunicación da emisora coruñesa Cuac FM.Así mesmo, traballou como xornalista no gabinete de prensa do Consello da Cultura Galega.
En 2025 era investigador no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRPH), dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
Obras
Narrativa
Camiños na sombra (2016). Silleda: Fervenza. 144 páxs. ISBN 978-84-945375-9-2. Relatos. Os jeans de María 2019. Vigo: Galaxia. 112 páxs. ISBN 978-84-9151-401-5.
Poesía
Xente da crise (2018). USC, en liña. Poesía.
Infanto-xuvenil
miniatura|O autor (dereita) presentando Vrao con Armando Requeixo na Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra en 2024Vrao (2024). Vigo: Galaxia. 60 páxs. ISBN 978-84-1176-218-2. Ilustracións de Lucía Escrigas Rodríguez.
Obras colectivas De pedra a azulexo. Obras premiadas no I, II, III, IV e V Concurso literario Mazarelos da facultade de filoloxía (2019). USC. O libro da música (2021). Galaxia. Poesía galega novísima (2020). Urutau.
Premios
2017: Premio Balbino de relatos, por Camiños na sombra. 2019: XX Díaz Jácome de Poesía, por Anoar. 2018: Segundo Premio Mazarelos de Poesía da USC, por Xente da crise. 2020: Premio do Clúster Audiovisual Galego, por Conseguiremos. 2023: Certame Exeria do Ateneo de Vigo, por Lugar fermoso. 2024: 2º Premio Xuventude Crea na categoría de Poesía, por Éxodo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Recitado de poemas de Vrao en Pontevedra, setembro 2024
Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1997