Fátima de Madrid foi unha astrónoma musulmá dos séculos X-XI, nada en Madrid, pero que pasou a maior parte da súa vida en Córdoba, centro do saber mundial naqueles tempos.

Traxectoria Filla do reputado astrónomo Abul-Qasim Maslama ibn Ahmad al-Faradi al-Hasib al-Qurtubi Al-Mayriti, máis coñecido como Maslama al-Mayriti, traballou xunto a seu pai en investigacións astronómicas e matemáticas, que publicaron baixo o título de “Correccións de Fátima”. Xuntos editaron e corrixiron as Táboas Astronómicas de Al-Khwarizmi, axustándoas ao meridiano de Córdoba e situando o "centro do mundo" na capital do Califato, como referente para tódolos seus cálculos. Tamén traballaron sobre calendarios, o cálculo das posicións verdadeiras do Sol, a Lúa e os planetas, táboas de senos e tanxentes, astronomía esférica, táboas astrolóxicas, cálculos de paralaxe, eclipses e visibilidade da Lúa.

A súa obra titulada Tratado do astrolabio, sobre o uso deste instrumento, consérvase na Biblioteca do Mosteiro do Escorial.Cristina Segura Graíño, Diccionario de mujeres en la historia (1998). Madrid: Espasa-Calpe, páx. 1008. ISBN 84-239-8631-4.

Controversia sobre a súa existencia Aínda que as informacións sobre a vida de Fátima aparecen xa na edición de 1924 da Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana de Espasa-Calpe, hai quen pon en dúbida a súa existencia, alegando que esa é a fonte máis antiga sobre este personaxe, xa que non se coñecen as referencias nas que se basea a propia enciclopediaÁngel Requena Fraile, Fátima de Madrid, aínda que si está documentada a obra denominada Correccións de Fátima e outros traballos realizados xunto a seu pai. Algúns especialistas sosteñen que non é máis que unha invención.

Así, o historiador das matemáticas Ángel Requena Fraile afirma:

De igual opinión é a arabista Manuela Marín, especialista en historia e biografía de Al-Andalus que alude á reaparición da figura ao aparecer nun calendario do Ano da Astronomía no 2009. Así, referíndose a Maslama al-Mayrití, afirma:Marín (2011), p.191

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Astrónomos de Al-Andalus Categoría:Nados en Madrid Categoría:Personaxes de ficción