Raymond Corbin, nado o 23 de abril de 1907 en Rochefort, Charente Marítimo, e finado o 1 de marzo de 2002 en Boulogne-Billancourt, Altos do Sena, foi un medallista, deseñador de moedas, escultor e ilustrador francés.

Traxectoria miniatura|160x160px|Anverso dos 100 francos de 1984 coa imaxe de Marie Curie, obra de Raymond Corbin Corbin tivo entre os seus profesores a Henri Dropsy durante os seus estudos na Escola Nacional Superior de Bellas Artes de París, entre 1931 e 1934. Posteriormente, el mesmo o sucedería como profesor titular de Gravado de Medalla, en 1955. Do mesmo xeito, Raymond Corbin foi elixido para ocupar o lugar de Dropsy na Academia de Belas Artes en 1970."Raymond Corbin". Académie des Beaux-Arts.

Outro dos profesores sobranceiros de Corbin foi o escultor Vléric, na Escola Germain Pilon.

Entre os seus traballos máis salientables de Corbin están as moedas dun dinar de Tunisia de 1968 e de 1970, a moeda francesa de 100 francos conmemorativa de Marie Curie, que lle foi encomendada en 1984, e a moeda dun franco de 1995 conmemorativa do Institut de France. miniatura|160x160px|Medalla do 30 aniversario da SÉNA (1993), obra de Raymond Corbin Como deseñador de medallas, entre outras moitas, é o autor da que conmemora o 30 aniversario da Sociedade de Estudos Numismáticos e Arqueolóxicos, de París.Charlet, C. (2016). "Un demi-siécle de SENA, par Laurence Calmels". En CGB.fr. Informations numismatiques.

En escultura destaca o seu Maquis, altorrelevo que adorna monumento na honra dos combatentes franceses, no Mont-Valérien, na vila de Suresnes."Les hauts reliefs du mémorial de la France combattante". Le Mont-Valérien.

Estivo casado con Charlotte Suret-Canale (Charlotte Corbin), tamén deseñadora, finada o 14 de novembro de 2008."L'aventure Familiale ". Charlotte Corbin à Paris.

Recoñecementos

Honras Cabaleiro da Lexión de Honra. Oficial da Orde Nacional do Mérito. Cabaleiro das Palmas Académicas. Oficial das Artes e as Letras.

Premios (1936): Premio Blumenthal. (1969): Premio Germain Pilon, polo conxunto da súa obra.

Notas

Categoría:Nados en 1907 Categoría:Nados en Rochefort, Charente Marítimo Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Escultores de Francia Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Escultores do século XX Categoría:Escultores do século XXI Categoría:Profesores da École des Beaux-Arts Categoría:Finados en 2002