Camilo Davila Davila, nado en 1886 e finado na Pobra do Caramiñal o 26 de decembro de 1982,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 27-12-1982, p. 39. foi un político galego.
Traxectoria Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Bueu en novembro de 1925.El Progreso, 28-11-1925, p. 2. Presentou a súa renuncia xunto con toda a corporación municipal en febreiro de 1930. Volveu ser nomeado concelleiro e elixido primeiro tenente alcalde na corporación presidida por Perfecto García Nogueira en xaneiro de 1931.El Pueblo Gallego, 29-1-1931, p. 9. Na República foi elixido presidente da Unión Regional de Derechas de Bueu en xullo de 1932.El Ideal Gallego, 27-7-1932, p. 4. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e despois duns días nos que se fixo cargo da alcaldía o subdelegado de Mariña de Bueu Gonzalo Torrente Piñón, foi nomeado alcalde de Bueu a principios de agosto.El Pueblo Gallego, 2-8-1936, p. 7. Sostivo enfrontamentos pola intensidade represora con José María Massó García.Falanxistas de Bueu. Permaneceu no cargo até 1937. Finou na Pobra do Caramiñal aos 96 anos.
Vida persoal
Casou en Santiago de Compostela con Constantina Agulla Barros en 1932,Vida Gallega, 10-4-1932, p. 42. e foi pai de Camilo, Manuela, Enrique, José, Teresa e Santiago Davila Agulla.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Impuesto como alcalde dos veces... Algunas curiosidades de los alcaldes de Bueu Bueu, sombríos anos 30
Categoría:Alcaldes de Bueu Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1982