miniatura|Melchora Aquino nun billete de 100 pesos Melchora Aquino de Ramos, nada en Gulod sa Banilad o 6 de xaneiro de 1812 e finada na mesma cidade o 20 de febreiro de 1919 foi unha revolucionaria filipina, coñecida como Tandang Sora ("A vella Sora") por mor da súa participación a avanzada idade durante a revolución filipina.

Traxectoria Tandang Sora naceu o 6 de xaneiro de 1812 no barrio de Gulod sa Banilad ou Banlat no distrito de Balintawak, na época parte de Caloocan, pero que agora pertence a Quezón. Filla dunha parella campesiña, Juan e Valentina Aquino, nunca foi á escola. Así todo, sabía ler e cantaba en festas locais e durante a misa na igrexa da súa parroquia e con frecuencia fixo de Reyna Elena no desfile procesional de maio .

Casou con Fulgencio Ramos, un campesiño pobre co que tivo seis fillos. Ramos morreu cando seu fillo máis novo tiña sete anos e tivo que se encargar ela soa de seus fillos. Tandang Sora continuou a súa vida como unha activa hermana mayor na celebración festivais, bautizos e vodas e logrou sacar adiante a seus fillos traballando duramente.

Participación na revolución Na súa localidade natal rexentaba unha tenda que tornou refuxio para os revolucionarios (katipuneros) enfermos e feridos. Alimentábaos, dáballe atención médica e animaba os revolucionarios con consellos e oracións e na súa casa tamén realizaban xuntanzas e así comezaron a coñecela cos sobrenomes de "Muller da Revolución", "Nai de Balintawak", "Nai da revolución filipina" e Tandang Sora (Tandang deriva do tagalo matandâ, vella). Ela e mais seu fillo, Juan Ramón, estiveron presentes no Grito de Balintawak e foron testemuñas da destrución das cédulas de identidade

As autoridades españolas interrogárona cando souberon das súas actividades e que coñecía o paradoiro dos katipuneros pero ela negouse a divulgar calquera información. A Garda Civil detívoa e acabou deportada na illa de Guam o 2 de setembro de 1896, onde permaneceu en arresto domiciliario na residencia de Justo Dungca compartido cunha muller de nome Segunda PuentesAugusto V. de Viana, "In the Far Islands,: The Role of Natives from the Philippinees in the Conquest, Colonization and Repopulation of the Mariana Islands. 2004:134.Isagani R. Medina, "Melchora Aquino Wife of Fulgencio Ramos," In: Women in the Philippine Revolution, Rafaelita Hilario Soriano, ed. Quezon City: Printon Press, 1995, pp 12-13. e volveu a Filipinas repatriada polos norteamericanos, con outros exiliados, o 26 de febreiro de 1903. Pasou os últimos anos da súa vida en Balintawak e rexeitou as ofertas de recompensas monetarias pola súa participación na revolución e morreu cas da súa filla Saturnina en Banlat o 20 de febreiro de 1919 con 107 anos.

Legado Un distrito e unha estrada de Quezón City levan o nome de Tandang Sora. O seu rostro apareceu na moeda filipina de cinco centavos que se emitiu entre 1967 e 1992 e foi a primeira filipina en aparecer nun billete de Filipinas, concretamente no de 100 pesos da coñecido como serie inglesa (1951-66).

En 2012 durante a celebración do seu 200 aniversario, o goberno local de Quezón decidiu trasladar os seus restos de Himlayang Pilipino Memorial Park ao Santuario Nacional Tandang Sora en Banlat e mais declarou 2012 Ano Tandang Sora</ref>.

Notas

Categoría:Finados en 1919 Categoría:Nados en 1812 Categoría:Revolucionarios Categoría:Nados en Filipinas