Karen LuJean Nyberg, nada en Parkers Prairie, Minnesota, o 7 de outubro de 1969, é unha astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-124 e Soiuz TMA-09M e foi membro das expedicións 37 e 36 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Nyberg graduouse en enxeñaría mecánica na Universidade de Dacota do Norte en 1994 e é máster na mesma materia pola Universidade de Texas en Austin en 1996. Ten un doutoramento en enxeñaría mecánica por esta última universidade en 1998.
Foi seleccionada como astronauta pola NASA en xullo de 2000, participando nas misións STS-124 e Soiuz TMA-09M e sendo membro das expedicións 36 e 37 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 180,02 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-124 Soiuz TMA-09M Expedición 37 Expedición 36 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Minnesota Categoría:Alumnos da Universidade de Texas en Austin Categoría:Alumnos da Universidade de Dacota do Norte