Devletlu İsmetlu Mahpeyker Kösem Valide Sultan Aliyyetü'ş-Şân Hazretler, nada contra 1590 e finada o 2 de setembro de 1651, máis coñecida como Kösem Sultan, foi a esposa favorita do harén de Ahmed I, sultán do Imperio Otomán, e nai (valide sultan) de dous sultáns posteriores. Kösem Sultan serviu como gobernante oficial dúas veces e foi a segunda muller na historia otomá en gobernar legalmente o reino, converténdose nunha das figuras máis significativas do período coñecido como sultanato das mulleres (1533-1656) e exerceu o poder na administración pública durante uns 30 anos .
Traxectoria Nada é o que se coñece sobre a súa orixe ou dos seus primeiros anos de vida aínda que tradicionalmente considerada grega ou bosníaca mais o certo é que só se sabe que entrou no harén do sultán Ahmed I con 15 anos. Ao se converter ao islam adoptou o nome de Mahpeyker ("en forma de lúa", é dicir, curvo). Hai diferentes versións do nome Kösem, seica era moi fermosa e a súa pel "lisa e sen pelo" e, polo tanto, recibiría o nome de Kösem ( köse = "sen pelo"). Por outra banda, as palabras turcas otomás kösem / kösemen tamén significaban líder, persoa independente.
En calquera caso, Kösem combinou intelixencia e beleza, e superou ás outras mulleres do harén de Ahmed I ata converterse na favorita do sultán xa nos primeiros anos da súa estadía no harén como parte dunha serie de mudanzas na xerarquía do harén imperial. A destitución en xaneiro de 1604 de Safiye Sultan, a avoa do sultán e a que dirixía a actividade do harén e a morte de Handan Sultan, a nai do sultán, en novembro de 1605 permitiu o seu ascenso na xerarquía de Kösem dende a súa posición de concubina de segundo ou terceiro grao. Kösem deu a luz catro fillos e tres fillas. Os seus dous fillos, Murad e Ibrahim, convertéronse máis tarde en sultáns, do mesmo xeito que o seu neto Mehmed. As fillas, Ayşe Sultan e Fatma Sultan, son coñecidas polos seus numerosos matrimonios políticos; Ayşe casou seis veces durante a súa vida e Fatma sete
En 1612 o embaixador de Venecia describiuna como unha muller fermosa, intelixente e amada polo sultán que a mantiña a carón todo o tempo e escoitábaa nalgúns asuntos. Catro anos despois, segundo outro diplomático veneciano, aumentara o seu poder e podía facer todo o que quería, o sultán non lle negaba nada pero tampouco interfería en todos os asuntos, xa que o sultán non quería dar a impresión de que o dirixían mulleres, como fixera seu pai . Gobernante
Ao morrer Ahmed I con 27 anos en 1617, Kösem apoiou ao seu irmán Mustafá I como herdeiro da coroa. Kösem aliouse cos xanízaros, o que lle garantiu o seu apoio, que se converteu nun factor político poderoso. Como gobernante, o reinado do débil Mustafá durou menos dun ano, e foi Kösem quen na práctica gobernou, xa que o sultán sufría problemas de saúde mental, e acabou deposto do trono, o que supuxo un revés para Kösem. A continuación subiu ao trono Osmán II, o fillo de Ahmed I coa súa segunda esposa e Kösem permaneceu á marxe da administración, pero como no caso de Mustafá, mantivo a súa valiosa posición como valide sultan, xa que ningún dos dous sultáns tiña unha nai viva .
En 1622 os xanízaros reveláronse e depuxeron e pouco despois executaron a Osman II, e Mustafá I volveu ao poder. Despois do curto reinado de Mustafá, Murad IV, o fillo de 14 anos de Ahmed I e Kösem, subiu ao trono. Kösem declarouse a si mesma gobernante oficial ata seu fillo alcanzar a maioría de idade . Cando Murad chegou á maioría de idade aos 20 anos o poder pasou dos xanízaros e da súa nai ás súas mans e foi capaz de gobernar de forma independente, o que constitúe unha excepción no século XVII otomán .
No Imperio Otomán existía o costume de executar o irmán do sultán que chegara ao poder, e tiña a súa orixe no interregno otomán, un período do século XV no que os fillos do sultán Bayezid I loitaron polo poder e o reino non tivo un gobernante indiscutible durante 11 anos. Non obstante, Kösem convenceu a Murad para non seguir esa práctica e tras a súa morte en 1640 por cirrose hepática, Ibrahim I converteuse en sultán. Así e todo, Ibrahim foi un gobernante inseguro; vivira baixo arresto e con medo constante a que Murad mandara matalo. Era neurótico, padecía dores de cabeza e ataques de pánico e co tempo demostrou ser inadecuado pola súa saúde mental. E aínda que os primeiros anos do seu reinado foron ben co paso do tempo Kösem volveu tomar o poder como gobernante real. O seu rival era o gran visir Kemankeş Kara Mustafa Pasha, quen tiña o favor do sultán. Kösem aliouse contra o gran visir co curandeiro e favorito do sultán Cinci Hoca e co gobernador Semiz Mehmed. O trío criticou incesantemente ao Gran Visir, que pediu varias veces a dimisión. Ibrahim non a admitiu, pero o propio sultán destinuino en xaneiro de 1644, e despois mandouno executar .
Co tempo, Kösem perdeu a capacidade de controlar ao seu fillo inestable, e a súa administración comezou a deteriorarse. Ibrahim pasaba cada vez máis tempo coas súas concubinas, ás que elevaba constantemente ao prestixioso status de haseki (consorte real) outorgándolles terras e posesións. Despois de casar coa súa concubina favorita Hasek, ordenou que o chan do palacio de Ibrahim Pasha se cubrise con peles de marta e se entregasen a Hasek. A dilapidación do diñeiro no palacio e o aumento da corrupción crearon malestar entre o pobo. Finalmente, os xanízaros e parte dos ulema subleváronse en 1648. Non obstante, Ibrahim non aceptou a súa destitución, o que puxo nervioso aos xanízaros . Segundo algúns historiadores, forzada polos acontecementos políticos Kösem autorizou os xanízaros a executar o seu fillo. Non obstante, segundo Leslie P. Peirce, Kösem xa tiña pensado desfacerse do seu fillo, que durante o seu reinado destruira moitos dos logros do seu irmán máis vello Murad IV. Nunha carta anterior, Kösem escribíalle ao gran visir Tezkereci Ahmed sobre Ibrahim o seguinte: "Ao cabo, non nos vai deixar nin a ti nin a min vivos. Perderemos o control do goberno. A sociedade toda está en ruínas. Hai que o quitar do trono de inmediato".
O 8 de agosto de 1648 o verdugo estrangulou a Ahmed Pasha e os seus restos cortáronse en anacos diante dunha multitude. Polo acontecido, recibiu o alcume póstumo de Hezarpare ("mil pezas"). E o 18 de agosto a instancias do novo gran visir, Sofu Mehmed Pasha, que pedira ao Sheiklı ul-Islam que emitise unha fatwa para sancionar o seu axustizamento, dous verdugos estrangularon a Ibrahim. A continuación, Mehmed IV, de seis anos, fillo de Ibrahim e neto de Kösem, subiu ao trono e ao ser menor, Kösem puido declararse de novo gobernante oficial .
Morte miniatura|Asasinato de Kösem Sultan. Gravado de Paul Rycaut (1694) Kösem tiña grandes inimigos na corte de Topkapi. A muller de Ibrahim e a nai de Mehmed IV, Turhan Sultan, que era nora de Kösem, soubo do plan de Kösem para substituír a Mehmed IV polo seu medio irmán Süleyman. Kösem planeou matar a Mehmed IV e á súa nai e conseguiu o liderado dos xanízaros. Turhan organizou o asasinato de Kösem para defenderse ela e o seu fillo. Membros da garda do palacio estrangularon a Kösem o 2 de setembro de 1651. O seu corpo trasladouse ao antigo palacio de Eski Saray e enterrouse no mausoleo de Ahmed I . Os seus fillos Murad IV e Ayşe Sultan e outros corenta membros da familia gobernante tamén están soterrados nese mausoleo .
Legado Kösem Sultan era unha das persoas máis ricas do reino, e empregou moita da súa riqueza en caridade. Entre outras cousas, pagou a escavación de sistemas de rega en Exipto e apoiou aos pobres da Meca. Tamén utilizou os seus fondos para construír edificios públicos, como caravasares, e a mesquita Valide Han ao longo da praza do Mercado Vello de Istambul e a mesquita do venres en Üsküdar Gábor Ágoston e Bruce Alan Masters (2009)Encyclopedia of the Ottoman Empire. Infobase Publishing, páxinas 136-137. Segundo a memoria colectiva que existe en Turquía considérana unha persoa xenerosa e moi intelixente . Non obstante, o seu legado e a súa administración non foron positivos, o seu foi un tempo de loita polo poder e de intriga feroz. Ademais, a destitución e morte dun gran visir cualificado, Kara Mustafa Pasha, sumiu ao Imperio Otomán no caos e fomentou desordes. Durante os seguintes 12 anos dos 18 homes que serviron como Grandes Visires, catro acabaron executados e 11 destituídos .
Kösem é un tema popular e romántico no entretemento turco contemporáneo e sobre ela fixéronse novelas, óperas, películas e series de televisión. Os máis recentes son a película de 2010 Mahpeyker - Kösem Sultan e a serie de televisión Muhtesem Yüzyil: Kösem que viu a primeira tempada en 2015IMDB: Muhtesem Yüzyil: Kösem Viitattu 18.2.2016 IMDB: Mahpeyker - Kösem Sultan Viitattu 18.2.2016. A ópera Kösem Sultan, representada en Esmirna conta a historia de como unha moza inocente torna unha desapiadada intrigante impulsada pola rabia e o desexo de poder"Kösem Sultan" izmir.com.tr, 18 de febreiro de 2016.
Notas
Categoría:Finados en 1651 Categoría:Nados en 1590 Categoría:Rexentes