Bryan Daniel O'Connor, nado en Orange, California, o 6 de setembro de 1946, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-61-B e STS-40.
Traxectoria O'Connor graduouse en enxeñaría pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1968 e é máster en sistemas aeronáuticos pola Universidade de Florida Occidental en 1970. Graduouse na Escola de Seguridade Naval, pertencente á Escola Naval de Posgraduados, en Monterey (California) en 1972, e na Escola Naval de Pilotos de Probas no Centro Naval de Probas Aéreas (Patuxent River, Maryland) en 1976.
Participou nas misións STS-61-B e STS-40, pasando un total de 15,97 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-61-B STS-40
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Orange, California Categoría:Alumnos da Universidade de Florida Occidental